12/29/2008

A miña invisibilidade


aprendín a facerme invisible

non é unha cualidade como outra calquera:
paseo espida arrastrando os pés polas alfombras,
cósome as horas á pel coa agulla más grosa,
trago kilos de bofetadas ata atragantar

son a muller invisible
e levo unha camisa de forza
incrustada no corpo

collín o vicio de tirarme ao chan

agardo a que me disecciones
para que vexas de cerca
a causa da miña morte

gústanme as autopsias
porque me recordan a Rembrandt
e á súa Lección de anatomía

...hoxe morreron outras dúas, e mentres me chega a noticia, non son quen de deixar de pensar en que todo é polo mesmo: o machismo

12/01/2008

Entrevista

O pasado venres, chamoume unha redactora do Diario de Pontevedra para facerme unha serie de preguntas que van saír publicadas este mércores nese xornal. Entre elas, houbo unha en concreto que me fixo pensar: ¿Pensa vostede que son importantes as axudas da Administración? ¿Como cre que debería de ser a súa actuación?
Feita esa pregunta, pedinlle á redactora que me chamara a última hora da tarde, xa que non podía atopar unha resposta naquel mesmo momento, necesitaba reflexionar. Hoxe luns, sigo a darlle voltas ao mesmo. Por suposto que as axudas da Administración son importantes, importantísimas diría eu. O problema é que como non existen axudas directas para escritores/as creo que temos asumido ese feito, e xa nin pensamos niso (polo menos no meu caso). Con respecto a como debería de ser a súa actuación, o primeiro que me veu á cabeza foi pensar en que, se non actúan non podo saber como corrixir as súas accións. Primeiro terán que poñerse en marcha levando a cabo iniciativas que promova a Concellería de Cultura, digo eu, e logo, no caso de que non estean facendo as cousas como deban, será cando teña que xurdir a polémica.
Mentres, eu seguirei pensando en que non hai mellor axuda que animarme a min mesma todos os días a ir ao traballo, chegar a casa á noitiña e poñerme a estudar Dereito Procesual entre mantas e coa estufa para contrarrestar o frío que provocan as goteiras que teño no baño, poñer lavadora, tender a roupa, preguntarle a C. como lle foi o día para que non se esqueza de falar comigo, seguir con Arret e as aventuras de Xian, Évora, Uxía e Roi, chegar á idea perfecta para escribir ese conto para nenos e nenas que me propuxeron publicar, preparar o Contacontos que teño en Pontevedra o día 8 de xaneiro e respirar…
Que teñan bo día.

11/26/2008

A carta de Ainara


O volume de traballo que teño estas semanas impídeme actualizar diariamente. Hoxe déixovos esta carta-tributo que a miña amiga Ainara Legarreta escribiu como homenaxe para unha amiga súa. Eu estou orgullosa de ser amiga de Ainara. Cando leades esta carta, entenderedes porqué...


"Pregúntome cómo estará a tua nai. Triste? Enrabietada? Aliviada? Acabáronse os problemas?A primeira vez que te vin, asusteime.Coñecía pinxeladas de ti, mais nunca presaxiaría aquela imaxe.A túa ollada perdíase antes de cruzar as pestanas e as túas palabras inconexas e balbucenates sacaban á luz as consecuencias da inxesta daquel arsenal que tomabas por prescripción facultativa.Leveite conmigo, laveite, coideite e pouco a pouco comenzaches a dexesar voltar á vida.Desexáchelo, buscáchelo e conseguíchelo.Cando deixaches que a razón se apoderara do ti, permitiches, á vez, que eu puidera descubriche.Forte, loitadora, intelixente e débil, sénsibel, triste. Con dores e carencias que nin o tempo, nin a terapia, nin a medicación... nada podería quitarcho.Do mesmo xeito que te vin nacer, vinche marchar, voltar atrás, de súpeto, porque sí.MOitas veces lembreite. No noso cumpleanos pensei cómo o estarías festexando ¿quizá co teu fillo? é pouco probable...Quería verte, abrazarte e saber como andabas.Agora xa o seiQuero pensar que tí tamén te lembrabas de mín e que era un bo recordo.Dicen que a responsabilidade é só túa, pero o dín para poder durmir."

11/05/2008

o meu electroduende


FUN CAER AQUÍ
o día que atravesei o televisor
e saín da bola de cristal

crieime soñando que as paredes da casa
estaban construídas con galletas cuétara

eu pensaba que o teito da buhardilla
caía polo peso das plantas aéreas
e tamén por aquilo de aplastarme ben abaixo
sen futuro
sen recursos
como doe cando falta

dáme bocadillos de manteiga e zucre
que quero para min a insolencia de sentirme minúscula
e volver ser a nena das fotografías

poñer gafas de plástico
e ser invisible para vós
e para o mundo
ou pintar as paredes
e atravesalas,
só pola virtude de ser electroduende

11/04/2008

vista borrosa


así é a paisaxe desde a fiestra do meu salón entre bágoas.
desdebúxanse as liñas
mestúranse os obxectos,
as luces perden forza
e todo vai collendo sentido
o seu ritmo

10/29/2008



os medos infantís...

10/24/2008

petróleo


HOXE VOLVICHES entrar pola porta con cara de petróleo.

a primeira vez que te vin tan distinto
pensei que era unha careta
pero ó pasar os días e seguir ti co mesmo rostro,
souben que de ser así pasarías a cadáver exquisito
porque é imposible respirar
cun plástico pegado á cara tantos días

non sabería explicar como pasou
eras ti
e de repente unha mañá apareces co petróleo incrustado
e deixas de ser

intenteino todo
emprendina a dentadas co fuel,
fíxenche meter a cabeza nunha bañeira chea de bágoas
e diálogos que despois tiraches pola fiestra,
apaguei as luces desta nosa vida
para ver se o negro se diluía consigo mesmo,
pero o único que se che distinguía na face
eran dous ollos apagados coma interrutores

agora mesmo consómeme o cansazo
teño medo de sentirte chegar e que me vexas

(será porque hoxe fun lavar a cara
e mirei espantada a auga da pía marchar negrísima polo desaugadoiro
)

10/22/2008

estudando


Onte, entre mantas e apuntamentos de Dereito Procesual 2 pensei en moitas cousas (ademais do propio dereito, enténdanme). Desde o piso de abaixo chegábanme as risas do veciño de vintetantos e dos seus amigos. Ese son mesturábase co ruído dos coches, cos ladridos dun can, cos sms que me ían chegando do meu amigo Nacho (Don Ignacio de Maceda en Arret), e mentres viaxaba polo interesantísimo mundo da jurisdicción, recordos e imaxes ocupaban a miña cabeza roubándome a concentración que me quedaba despois dunha longa xornada laboral.
Os anos na facultade foron como debían ser. Iamos a poucas clases, as mínimas. En lugar de buscar “amigos universitarios”, N. e máis eu fixémonos todo o inseparables que podiamos ser. Infiltrabámonos nas clases baleiras e descubriamos zonas prohibidas que facíamos nosas coa facilidade de quen ten vintepoucos. Iamos picando aquí e alá, coñecendo xente de todo tipo, alguna interesante, outra moito menos e caeu no esquecemento condenada nalgún lugar escuro da memoria.
Rimos moito. Moitísimo. Rimos das ras que N. roubou no estanque para meterme no bolso, rimos do día que N. e M. se puxeron antifaces feitos con bolsas do lixo e pasearon pola facultade disfrazados de non sabemos que, rimos do corazón que N. pintou no encerado co contido: Ledi y Piojo e logo agachou detrás da pantalla de proxección, rimos co profesor cando descubriu ese debuxo e preguntou con cara de tolo: quién es Ledi?? Rimos no Parque Forestal tirados na herba morna da primavera, rimos con María (tanto que acabábamos con dor de barriga) Rimos con Jaime (aínda que ás veces daban ganas de chorar pola súa tendencia á depresión e a convertelo todo en deprimible). Rimos no Zx, no Ibiza, no Golf que pitaba só percorrendo a estrada que rodea dereito (pi, pi, piiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii), no Polo violeta, no polo gris de Jacobeo. Rimos pintándonos a cara con bolígrafo e fluorescente, rimos correndo a escuras nos cañóns, rimos dentro dos armarios, dentro das aulas, dentro da biblioteca, dentro de nós mesmos. Agora quero estudar e sigo rindo mentres recordo. E non quero parar de rir nin de percorrer con N. todos os espazos que queden por descubrir. O CUVI dá para moito e aínda hai que exprimilo máis…

9/30/2008

proxectando


os quebradeiros de cabeza que dá o proceso creativo son directamente proporcionais ás alegrías, cando o proxecto vai adiante. o problema xorde cando despois de todo o esforzo, de todas as horas invertidas, e todas as esperanzas postas, a historia queda gardada nun caixón destinada a desaparecer. e contra iso, non hai outra saída que mirar cara adiante aínda que, por esa obstinada natureza do ser humano, nos momentos difíciles pareza que só teñamos ollos na caluga.

9/23/2008

celebrando



hoxe é un día de celebracións.
para vostedes:




El Gobierno dará cobertura legal y apoyo económico a las inmigrantes víctimas de explotación sexual


El Plan Integral contra la Trata de personas "no contempla medidas específicas" contra los anuncios de prostitución en los medios


Las inmigrantes clandestinas víctimas en España de explotación sexual contarán con cobertura legal y una ayuda económica por parte del Gobierno de España si deciden denunciar los abusos y la explotación que sufren, según el borrador del Plan Integral contra la Trata de personas que presentó hoy la ministra de Igualdad, Viviana Aído. Así, las mujeres que quieran colaborar con las fuerzas de seguridad tendrán un plazo de 30 días para decidir si denuncian, tiempo durante el que, "en ningún caso" se la podrá expulsar del territorio. Sin embargo, esta Plan "no contempla medidas específicas" contra los anuncios de prostitución en los medios de comunicación, según detalló la ministra.


Tras la reunión de Aído con representantes de ONG especializadas en la materia, para presentar los detalles del Plan Integral contra la Trata de personas, la titular de Igualdad explicó en rueda de prensa que aquellas mujeres inmigrantes que se dediquen a la prostitución y quieran denunciar la explotación que sufren podrán recibir asistencia letrada gratuita con intérpretes en su idioma así como medidas especiales de protección, tanto paras ellas como para sus testigos. Además, una vez se pongan en contacto con las fuerzas de seguridad estarán bajo su custodia durante 30 días, plazo en el que pueden decidir si quieren denunciar, y en el que "en ningún caso", explicó Aído, podrán se expulsadas del país, en el caso de que sean extranjeras y carezcan de papeles.


También se ayudará de manera económica a la víctima, aunque aún está por precisar la cuantía que recibirán las mujeres durante este "periodo de reflexión" o el modo en que serán protegidas. La ministra Aído señaló durante su intervención que el objetivo de este punto del Plan es que "estén perfectamente atendidas" y que "se sientan con una mayor libertad" para colaborar con la justicia en la persecución de los explotadores.


En paralelo, se desarrollarán campañas de sensibilización para que la ciudadanía entienda que "generalmente detrás de una prostituta hay una víctima de explotación", explicó Aído. Con esta campaña se pretende reducir las cifras que maneja el ministerio de Igualdad, documentos de los que se desprende que el 90 por ciento de las mujeres que ejercen la prostitución en nuestro país son extranjeras y apenas el cinco por ciento admite que ejerce su profesión de manera voluntaria. Del mismo modo, ocho de cada diez prostitutas han sido forzadas o son víctimas de la trata de personas.

No hay medidas contra los anuncios

Del mismo modo, la ministra aclaró que el plan "no contempla ninguna medida específica" sobre la presencia de anuncios de prostitución en distintos medios de comunicación, aunque reconoció que no son de su agrado. "Obviamente no me gustan los anuncios de prostitución, pero ese es un tema que tendremos tiempo para hablar en otro momento", apuntó. Tampoco hizo referencia durante la rueda de prensa a los polémicos anuncios que se exponen en Sevilla que pretenden erradicar la prostitución de la ciudad usando el lema: 'tan poco vales que tienes que pagar'.


De lo que sí habló es de que el Plan Integral, en el que comenzó a trabajar en Ejecutivo la pasada legislatura, se plantea un horizonte inicial de tres años y el objetivo de que sea aprobado antes de final de 2008 para "su entrada en vigor de forma inmediata". En el texto trabajan once ministerios cada uno de los cuales elabora una memoria económica en las materias que le competen. La ministra aseguró que "no van a faltar recursos". Ahora la misión de Aído es trasladar el documento a la Representante Especial de la OSCE contra la trata de personas para explotación sexual y lo remitirá también a distintas Comunidades Autónomas para su debate y análisis en la próxima Conferencia Sectorial, cuya fecha aún no ha sido determinada.

9/22/2008

o home que pintou o dragón griaule


había tempo que unha historia non me cativaba ata ese punto de non poder deixar de ler. collín o libro por insistencia de C. e con algo de desgana, agardando atopar unha historia de fantasía con moitos nomes difíciles de pronunciar onde o tempo pasa lentísimo. pero non foi así. griaule abriu as súas ás e entre elas asomaron retallos dun realismo máxico que me roubou o alento. quero máis historias de dragóns para poder quitar o meu sombreiro.

9/19/2008

cumprindo anos


días de luz amarela,
de poñer caras bonitas no balcón,
de comer tarta e sorrir
ata que doa a cara

9/16/2008

analfabeta



hoxe son a maior das analfabetas.

perdín as verbas

e o instinto todo

no último intento de ser muller de mundo

vou seguir comendo pedras

ata concienciarme de que teño pel de animal

e ollos de vidro

9/12/2008

por enésima vez


En vista de que, ou non me explico ben ou a xente ten ganas de leria, vou explicarme por enésima vez, agardando que o tema quede aclarado por fin.
Como xa teño dito unha e mil veces, para min a prostitución é sinónimo de escravitude (e que quede ben clariño que estou referíndome ao tráfico de mulleres, á explotación sexual única e exclusivamente. Non estou falando das poucas mulleres (en comparación coas outras) que exercen a prostitución libremente. De elas non opino). Aclarado isto (ou iso espero), repito que si, claro que estou en contra e de aí que defenda con rotundidade unha postura abolicionista. Abolición da prostitución (repito, explotación sexual, mulleres obrigadas a exercer a prostitución, mulleres enganadas, estafadas, violadas, insultadas, vexadas, mulleres q perden a dignidade, mulleres que traen de África, Rumanía, Brasil, Colombia etc etc etc, coa promesa dun traballo que as saque da miseria, mulleres que chegan a España pensando que van traballar de camareiras e se atopan con que son obrigadas a manter relacións sexuais, mulleres que teñen un proxeneta co que teñen unha débeda derivada da viaxe que as trouxo a España, mulleres que teñen un proxeneta que amenaza con matar aos seus fillos se se negan a manter relacións sexuais cos clientes-prostituidores, mulleres africanas que teñen un proxeneta que as ten amenazadas co vudú e pola maxia negra (si, parece broma pero non o é) mulleres que obrigan ao cliente a poñer o preservativo e que cando se decatan, non está posto, mulleres que chegan sanas e que son contaxiadas neste país, mulleres discriminadas e sinaladas co dedo, mulleres disfrazadas de “es puta porque quiere”, mulleres, mulleres e máis mulleres. Centos de mulleres. Miles. Están nos pisos, nos clubes, na rúa). E me preguntan se estou en contra disto? Pois si, señores e señoras. Estou en contra da explotación sexual. Son eu a rara? Son facha por pensar así? Paréceme perfecto. Penso que isto é unha cuestión de desinformación, máis que de outra cousa.
Vou reflexionar

9/05/2008

a labazada de George Steiner


despois da xa popular entrevista que lle fixo Juan Cruz a George Steiner, quedou patente que ser profesor da Universidade de Cambridge non implica ser lúcido en todas as afirmacións. e para mostra, un botón:


"Es muy fácil sentarse aquí, en esta habitación, y decir: “¡El racismo es horrible!”. Pero pregúnteme lo mismo si se traslada a vivir a la casa de al lado una familia jamaicana que tiene seis hijos y escuchan reggae y rock and roll todo el día. O cuando mi asesor venga a casa y me diga que desde que se mudó a mi lado la familia jamaicana el valor de mi propiedad ha caído en picado. ¡Pregúnteme entonces! En todos nosotros, en nuestros hijos, y por mantener nuestra comodidad, nuestra supervivencia, si rascas un poco, aparecen muchas zonas oscuras. No lo olvide. Mire el problema vasco. ¡Cuánto me equivoqué con este tema! Cuando el asunto del IRA estaba llegando a su fin, publiqué un artículo considerando que con ETA pasaría lo mismo. Y no, ETA sigue matando.
¿Qué pasa? ¿Cuál es su opinión? No lo sé. Ese idioma tan misterioso es muy raro, muy poderoso. Quizá por eso a alguna de esa gente le resulta tan imposible aceptar el mundo exterior. Pero no estoy seguro de nada. De lo que sí que no tengo dudas es de que es un problema gravísimo.
¿Insinúa que el idioma es la raíz del problema? Quizá. Pero, cambiando de tema, me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego.
Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano. ¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?
Porque dicen que es una parte esencial de su identidad. Pero eso significa que vamos a seguir dividiéndonos en pequeños grupos regionales, y eso despierta el odio étnico, como el que existe en los Balcanes. ¡Fíjese también en lo que está ocurriendo en Bélgica!
En España también hay nacionalismos muy potentes, y en algunos de ellos, como en el vasco o en el catalán, hay fuerzas queriendo independizarse de España. Yo vivo en cuatro idiomas, escribo y pienso en cuatro idiomas, sueño y hago el amor en distintos idiomas. Así que no soy la persona más adecuada a la que preguntar por los nacionalismos."


e ata aquí o extracto da "brillante" entrevista. déixenme que lles confese un par de cousas: gústanme o reggae e o rock and roll (considero que o que conta Steiner da familia de Jamaica é un problema de respecto e convivencia máis que de racismo), penso que o vasco e o galego, efectivamente, non se poden comparar co catalán porque non vén ao caso nin é de recibo facer comparacións, e que as personas más indicadas ás que preguntar polos nacionalismos non son os intelectuais polo feito de selo, senón as persoas que viven, viviron ou entenden a nación como tal, e cando se fai ao contrario, agroman parvadas coma estas. tanto prestixio e tanto "glamour" para isto.

espero que lle quedara a cabeza descansada...

.... vou reflexionar mentres escoito a Bob Marley

8/28/2008

setembro


a palabra setembro recórdame moitas cousas. é un mes especialmente evocador. tempo de exames, de días máis curtos, de empezar a poñerse tristes as flores, de cumprir anos…
setembro sempre foi para min de cor azul apagado, pero este ano vai ser laranxa. e quizais, só quizais, haxa que celebrar alegrías e ledicias con fogos de artificio e roupa de Gala…

8/14/2008

a tristura do baño


onte foi un día completo. despois de unha xornada laboral onde as horas non querían pasar, achegueime ao verbum para escoitar a lucía aldao recitando acompañada de música electrónica. emocioneime por moitas razóns. pola súa forma de dicir “vasme abandonar por un levantador de pedras”. polo arrecendo a mar pegándoseme na pel da face “vasme abandonar por un rinoceronte”. por esa forma que ten de cantar desde moi adentro. “vasme abandonar por un minotauro”. entre música, poesía, e o vento do atlántico, o tempo voou. corrín para chegar a casa (tiña a C. punto de porta fóra agardando por min por esa tendencia nosa a perdelo todo). recollino e achegámonos ata a residencia de B. e A. alegreime cando mirei entrar pola porta aos legarreta. aos poucos minutos empezou a festa. en silencio, A., B. e máis eu escoitamos como se desmoronaba a vida daquela muller, como se lle desgarraba a voz pronunciando a palabra amor, como se abrazaba á criatura entre saloucos e berros ao outro lado da parede. mentres, A. botaba as mans á cabeza ao tempo que repetía: “está bipolar. está bipolar”. as tres, co mundo roto daquela muller dándonos de hostias na face, toleamos. “hai que facer algo, se o día menos pensado aparece morta eu non poderei con ese cargo de conciencia. que facemos? algunha solución ten que haber!
pero quizais non a haxa. como saber se as conclusións que se sacan son acertadas?
para variar, vou reflexionar.

(jon, en breve publico a tradución…….)

8/12/2008

en taxi (poema para alex)

dáme as palabras exactas
que fagan parar este ritmo frenético
necesito que deixen de derrubarse
todos os continentes que habitei

estou fóra de min,
tanto que vivo nun planeta fantástico
de herba húmida
e teorías imposibles

desquíciome porque non quero bágoas,
non as quero

nin a elas nin a todas esas renegadas que teño dentro
e me rouban a identidade

non sei con que cara me levantarei hoxe
pero vou coller un taxi
que teña as ventaíñas abertas
para encherme do vento do nordés
e que me leve a un futuro
no que nunca máis nos volvamos suicidar

8/11/2008

debatindo




esta foi unha fin de semana de discusións, de quebradeiros de cabeza, de preguntarme cen veces cal é o motivo polo que a xente do meu entorno non acaba de comprender. o meu discurso provoca risotadas, a xente bota as mans á cabeza. eu obsérvoos reafirmándome cada vez máis na miña propia ideoloxía e sentíndome a anos luz de todo isto.


non recordo o momento exacto no que caín na conta de que a miña postura con respecto á prostitución era abolicionista. Este sábado chamáronme fascista por defender a abolición. a xente non para de falarme de que hai moitas mulleres que exercen a prostitución porque queren, por mercar roupa cara, zapatos de marca. Fálanme de universitarias, de putas de luxo. Eu dígolles que o 90% das mulleres que se prostitúen neste país fano por obriga, por amenazas, por enganos, por machismo. Dígolles que o corpo non é unha mercadoría, que a prostitución non é un traballo, que soportar certas cousas non é digno, pero non entenden. Eu tampouco. Vou reflexionar...

8/04/2008

suma e segue


non fun consciente da miña condición de muller
ata moitos meses despois,
cando me meteron polos ollos
as fotos que me quitaran no hospital
da miña cara esnafrada contra o espello do lavabo


non fun consciente de nada
ata moitos meses despois,

cando xa estaba todo desfeito




suma e segue

7/31/2008

mudándonos


as mudanzas son tristes

porque deixas atrás olores,

perspectivas,

días máxicos


crúzome cos obxectos

e sinto que me miran

con ollos de non saber que está pasando


as mudanzas teñen cara de maletas

e caixas de cartón


os cuartos van quedando baleiros

e eu non sei que vou facer

cando escoite o eco da miña voz

saltando de parede a parede


pecharei unha porta para abrir outra

e quizais os obxectos volvan sorrir.