2/13/2009

Aqueles tempos


Esta imaxe recórdame ás clases de historia da arte en COU. Daquela buscaba a cotío esta fotografía no medio das páxinas do libro para imaxinar como sería visitar ese lugar máxico. Hoxe atopeina de novo por casualidade, e viaxei unha vez máis aos dezaoito anos. Son a mesma persoa, pero mudaron tantísimas cousas. Supoño que niso precisamente consiste vivir. Que pasen unha boa fin de semana

2/11/2009

Imaxinar


pechar os ollos e viaxar a un lugar morno e suave.

deixarse levar polo arrolo da brisa.

voar alto alto alto e deslizarse onde ninguén poida chegar.

desaparecer

no rostro da imaxinación

e fundirse nunha explosión de cores

ata conseguir sorrir.