10/22/2008

estudando


Onte, entre mantas e apuntamentos de Dereito Procesual 2 pensei en moitas cousas (ademais do propio dereito, enténdanme). Desde o piso de abaixo chegábanme as risas do veciño de vintetantos e dos seus amigos. Ese son mesturábase co ruído dos coches, cos ladridos dun can, cos sms que me ían chegando do meu amigo Nacho (Don Ignacio de Maceda en Arret), e mentres viaxaba polo interesantísimo mundo da jurisdicción, recordos e imaxes ocupaban a miña cabeza roubándome a concentración que me quedaba despois dunha longa xornada laboral.
Os anos na facultade foron como debían ser. Iamos a poucas clases, as mínimas. En lugar de buscar “amigos universitarios”, N. e máis eu fixémonos todo o inseparables que podiamos ser. Infiltrabámonos nas clases baleiras e descubriamos zonas prohibidas que facíamos nosas coa facilidade de quen ten vintepoucos. Iamos picando aquí e alá, coñecendo xente de todo tipo, alguna interesante, outra moito menos e caeu no esquecemento condenada nalgún lugar escuro da memoria.
Rimos moito. Moitísimo. Rimos das ras que N. roubou no estanque para meterme no bolso, rimos do día que N. e M. se puxeron antifaces feitos con bolsas do lixo e pasearon pola facultade disfrazados de non sabemos que, rimos do corazón que N. pintou no encerado co contido: Ledi y Piojo e logo agachou detrás da pantalla de proxección, rimos co profesor cando descubriu ese debuxo e preguntou con cara de tolo: quién es Ledi?? Rimos no Parque Forestal tirados na herba morna da primavera, rimos con María (tanto que acabábamos con dor de barriga) Rimos con Jaime (aínda que ás veces daban ganas de chorar pola súa tendencia á depresión e a convertelo todo en deprimible). Rimos no Zx, no Ibiza, no Golf que pitaba só percorrendo a estrada que rodea dereito (pi, pi, piiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii), no Polo violeta, no polo gris de Jacobeo. Rimos pintándonos a cara con bolígrafo e fluorescente, rimos correndo a escuras nos cañóns, rimos dentro dos armarios, dentro das aulas, dentro da biblioteca, dentro de nós mesmos. Agora quero estudar e sigo rindo mentres recordo. E non quero parar de rir nin de percorrer con N. todos os espazos que queden por descubrir. O CUVI dá para moito e aínda hai que exprimilo máis…

13 comentarios:

Anónimo dijo...

que pasa pola mente cando adicamos o tempo a lembrar as risas e non a rir? ainda que non teñamos edad para facer pellas ou corretear polos pasillos da facultade, a vida continúa para nos. non vivamos de vellas glorias e creemos glorias novas!!!

Anónimo dijo...

Onte esperteime sen mantas, cun frío que me percorría todo o corpo mentres L. durmía quentiña ao meu lado. Por máis que eu tentaba taparme, ela facía o propio coas mantas, envolvéndose coma unha croqueta recén empanada, e nunca mellor dito o de empanada, porque ao saír da cama semella un ser do averno. De todos os xeitos gústasme igual Muakk!

Ledicia Costas dijo...

vou crear glorias novas entón, aínda que as vellas están tan presentes que vai ser difícil deixalas de lado, e máis neste caso, cando os recordos consiguen arrincarme un sorriso a cada minuto.

Ledicia Costas dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ledicia Costas dijo...

Señor,transcribo a definición sacada da ilustradora Wipikedia:

Averno era el nombre antiguo que se le daba, tanto por griegos como por romanos, a un cráter cerca de Cumas, Campania. Se creía que era la entrada al inframundo. Posteriormente, la palabra pasó a ser simplemente un nombre alternativo para éste.

Según el escritor griego Diodoro Sículo, el Averno sería un lago. Relata como Heracles desde la llanura Flegrea, descendió hacia el mar y realizó unas obras a orillas del lago llamado Aorno, que se consideraba consagrado a Perséfone. Áornos significa 'sin pájaros', el lago al que no se acercan los pájaros; es el Averno (Avernus), que ocupa el cráter de un volcán apagado entre Miseno y Dicearquia, antigua colonia samia. La palabra averno viene de los vocablos griegos a: 'sin' y ornis: 'ave'. Esta etimología se refiere a que las aves no cruzaban este lugar por ser un cráter que expulsaba gases tóxicos.

Antiguamente estaba separado de otro lago cercano, el Lucrino, pero en el 37 a. C., el cónsul Agripa construyó un puerto militar eliminando la franja costera entre el Lucrino y el mar, y abrió un canal navegable entre el Lucrino y el Averno y una galería subterránea entre el Averno y Cumas.

Según el escritor y geógrafo griego Estrabón, el Averno era un golfo, que formaba una península con el espacio de tierra comprendido entre el cabo Miseno, comenzando desde la línea transversal que une Cumas y el propio golfo.

C.S.C. dijo...

Porque no os llamais y os decis todo esto y dejais el blog pa q los frickis escriban tranquilos?
Eh señor C. y señora L. q parece el tomate esto, huy huy huy el señor C.C. y la señora L.C. parece q andan juntos y revueltos, huy huy huy huy... Chungos!!!!!!!!!

Ledicia Costas dijo...

señor C.s.c., considérase vostede un fricki? porque, desculpe, pero escribe a cotío neste blog (afortunadamente, por outra banda)

C. dijo...

C.S.C.= Cuidado Soy Calorro

SUPERFRIKI dijo...

sexamos obxectivos: xogamos á petanca, estamos metidos en organizacións sociais necesarias pero con pouco calado na xuventude galega, o noso centro de reunións é unha oficiña con hunidade (maravillosa e que non nos falte), kedamos as fines de semana para xogar á wii, escribimos nun blog, algúns somos amigos desde pekenos... amiga ledi, non sei cómo define a RALE o término friki pero creo que podemos meternos no saco... E A MUCHA HONRA!!!

A. dijo...

C.S.C. (campeon social cabral), y claro q somos frickis, y de los buenos.

Ledicia Costas dijo...

vivan os frickis!

Anónimo dijo...

Sin duda comparto muchos de tus pensamientos, a veces es dificil no echar la vista atrás y recordar esos momentos en los que parecía que todo estaba por delante, todo por escribir... Me gusta lo de crear "glorias novas", pero desde la autoexigencia, el listón está demasiado alto en algunos casos y resulta triste darse cuenta de que hay cosas que no volverán, habrá otras, pero muchas ya las hemos gastado. Me gustó mucho esta entrada, me siento identificado.

Ledicia Costas dijo...

póñome triste a miúdo pensando en cousas que pasaron, e que non vou poder recuperar en ningún lugar máis que non sexa a miña memoria. Quizais se trate de un pequeno complexo de Peter Pan. Non sei. Gustaríame tanto poder revivir certos momentos...