10/24/2008

petróleo


HOXE VOLVICHES entrar pola porta con cara de petróleo.

a primeira vez que te vin tan distinto
pensei que era unha careta
pero ó pasar os días e seguir ti co mesmo rostro,
souben que de ser así pasarías a cadáver exquisito
porque é imposible respirar
cun plástico pegado á cara tantos días

non sabería explicar como pasou
eras ti
e de repente unha mañá apareces co petróleo incrustado
e deixas de ser

intenteino todo
emprendina a dentadas co fuel,
fíxenche meter a cabeza nunha bañeira chea de bágoas
e diálogos que despois tiraches pola fiestra,
apaguei as luces desta nosa vida
para ver se o negro se diluía consigo mesmo,
pero o único que se che distinguía na face
eran dous ollos apagados coma interrutores

agora mesmo consómeme o cansazo
teño medo de sentirte chegar e que me vexas

(será porque hoxe fun lavar a cara
e mirei espantada a auga da pía marchar negrísima polo desaugadoiro
)

6 comentarios:

emociones mil dijo...

os escalofríos que recorren meu corpo lembranme que algunha vez loitei contra o fuel da face dalgén.
cómo é posible que xurdan tantas frases bonitas de sentimientos tan feos?
para cando as poesías de optimismo, liberación e loita persoal?
non é unha crítica á poeta, senon á realidade que non lle deixa escribir noutros termos.

Preocupaos por ella jo... dijo...

Tienes algún problema con C.?
O yo no te entiendo muy bien?
Pos eso q no sea nada...

Ledicia Costas dijo...

ese é un debate interno que teño desde hai moito. o meu recurso para escribir poesía sempre foi o amor (ou máis concretamente o desamor). agora loito para cambiar de recurso con todas as miñas forzas. e niso ando. Combino a escrita de Arret, o cabo do mundo, con un poemario distinto. veremos en que remata...

Ledicia Costas dijo...

Con C. todo ben. é un poema de hai dous anos

kiero una funda pal movil jefe dijo...

coñezo ben o poema, é un clásico do teu repertorio que xa tes recitado máis dunha vez. Ánimo que chega a fin de semana, o sábado dúrmese máis que hai que retrasar o reloxo, unha hora máis de amor!

emociones mil dijo...

na ficción é senselo falar en positivo, con cores, risas e optimismo vital, cando escribimos sobre realidades o discurso cambia. és capaz de expresar o amor con palabras? definir cada un dos sentimientos? escribir para votar fora todo o malo e non escribir para deixar dentro todo o bo=mecanismo de defensa.