12/29/2008

A miña invisibilidade


aprendín a facerme invisible

non é unha cualidade como outra calquera:
paseo espida arrastrando os pés polas alfombras,
cósome as horas á pel coa agulla más grosa,
trago kilos de bofetadas ata atragantar

son a muller invisible
e levo unha camisa de forza
incrustada no corpo

collín o vicio de tirarme ao chan

agardo a que me disecciones
para que vexas de cerca
a causa da miña morte

gústanme as autopsias
porque me recordan a Rembrandt
e á súa Lección de anatomía

...hoxe morreron outras dúas, e mentres me chega a noticia, non son quen de deixar de pensar en que todo é polo mesmo: o machismo

2 comentarios:

ai dijo...

Atopámonos inmersos nun proceso de cambio social que vainos marcando cómo debemos comportarnos. Agora a conducta machista é susceptible de denuncia, non fai moito tempo era o que debía ser... resulta complexo romper os roles e ensinanzas vencelladas á sociedade de xeito case biolóxico. O proceso de transformación non só está procurando sensibilidades fortes fronte o machismo, senon que también está logrando unha sensibilidad moito mais respectuosa nos nenos, adolescentes e homes. Creo que neste sentido, estánse facendo bem as cousas. As organizacións denunciantes destes hechos están logrando que a educación dos menores vaia encaminada hacia a non violencia de xénero. Evidentemente cada morte, cada paliza e cada mala verba supón unha marca negra nesta loita, pero creo que debemos continuar esta loita en positivo para acadar mellores e mais estables resultados. Que haxa quen "perda" un ratiño para rendir tributo a esas mulleres tamén debe considerarse positivo.

Ledicia Costas dijo...

claro q se está avanzando,pero cada vez que morre unha muller, teño a impresión de que volvemos atrás.