12/01/2008

Entrevista

O pasado venres, chamoume unha redactora do Diario de Pontevedra para facerme unha serie de preguntas que van saír publicadas este mércores nese xornal. Entre elas, houbo unha en concreto que me fixo pensar: ¿Pensa vostede que son importantes as axudas da Administración? ¿Como cre que debería de ser a súa actuación?
Feita esa pregunta, pedinlle á redactora que me chamara a última hora da tarde, xa que non podía atopar unha resposta naquel mesmo momento, necesitaba reflexionar. Hoxe luns, sigo a darlle voltas ao mesmo. Por suposto que as axudas da Administración son importantes, importantísimas diría eu. O problema é que como non existen axudas directas para escritores/as creo que temos asumido ese feito, e xa nin pensamos niso (polo menos no meu caso). Con respecto a como debería de ser a súa actuación, o primeiro que me veu á cabeza foi pensar en que, se non actúan non podo saber como corrixir as súas accións. Primeiro terán que poñerse en marcha levando a cabo iniciativas que promova a Concellería de Cultura, digo eu, e logo, no caso de que non estean facendo as cousas como deban, será cando teña que xurdir a polémica.
Mentres, eu seguirei pensando en que non hai mellor axuda que animarme a min mesma todos os días a ir ao traballo, chegar a casa á noitiña e poñerme a estudar Dereito Procesual entre mantas e coa estufa para contrarrestar o frío que provocan as goteiras que teño no baño, poñer lavadora, tender a roupa, preguntarle a C. como lle foi o día para que non se esqueza de falar comigo, seguir con Arret e as aventuras de Xian, Évora, Uxía e Roi, chegar á idea perfecta para escribir ese conto para nenos e nenas que me propuxeron publicar, preparar o Contacontos que teño en Pontevedra o día 8 de xaneiro e respirar…
Que teñan bo día.

12 comentarios:

Bego (C.P.Cabral) dijo...

Bueno, yo, como no tengo ni idea sobre ayudas de administracion ni nada de eso lo unico que te puedo decir... Es que sigas con tus historias, tus libros, tus cortos, tus poemas, con toda esas cosas que te hacen ser cada vez más grande. Y no pienses en ningún tipo de ayuda, TÚ no las necesitas triunfarás por ti misma sin necesitar nada, confía en mí, que soy muy lista aunque me porte mal a veces (contigo, con Alexito....jeje. Sabéis que en el fondo soy bueniña, jaja)
Ánimo Lerdi!

soy una ONG dijo...

pois eu si teño algo de idea sobre axudas institucionais, ainda que só no marco do social. Entendo que non distará moito da forma de traballar en cultura... Para encher os bolsillos de subvencións a cousa está clara: tes que ter un aliado político que respalde a túa idea e que o seu partido se atope no poder (e rezar para que non haxa cambio de goberno. Se podes vir representada por unha gran plataforma con nome e historia mellor (da igual o nome e a historia pero que vaia na liña do partido no poder). Finalmente ter absoluto control de todalas subvencións existentes e ter a habilidade de modificar o teu proxecto para que poida ser susceptible á maioría delas.
Todas as organizacións que consiguen moverse nestos parámetros acaban triunfando. Aos que nos dan arcadas só de pensar en defender un proxecto con este modus operandi, loitamos para conseguir finanazamentos propios ou de organismos un pouco menos corruptos, ainda que mentiría si dixera que moitas veces se decide que el fin xustifica os medios... Depende do momento e do proxecto.

ONG al aparato, digame? dijo...

De todolos xeitos ti non necesitas da caridade de ninguén para triunfar, tí vales por tí mesma mais que o que poida dar a administración enteira. Que non poidan contigo que os mellores proxectos son os que quedan nos caixons, normalmente para que non se note as deficiencias dos demais.
ANIMO LEDI, que nada enturbie a túa capacidade literaria, non llo consintas!!!

Ledicia Costas dijo...

moitas grazas polos ánimos e por darme as claves do funcionamento das subvencións. Ás veces, unhas palabras de alento valen máis q uns euros...

Ledicia Costas dijo...

ademais, eu non teño ningún aliado político... (ou iso creo) ;)

Me nevo de mañana... dijo...

Yo recibo una ayuda del gobierno y la verdad conseguirla no fue muy dificil, una mañana perdida por Bego con muchos papeles y ya esta a cobrar, se q no es lo mismo. Igual los encargados de dar ayudas o subvenciones creen q para escribir solo hace falta un boli y papel y no creen q necesiteis ayudas, en cambio si necesitarais fabricar armas o destruir algun bosque o contaminar algun pantano seguro q recibirias varias subvenciones.
Q na Ledi, q si lo q quieres es una ayuda de la administracion, lo unico q puedes hacer es robar unos folios en el chollo y unos boligrafos.
¿Por cierto soy una ONG o necesité la ayuda de una ONG?
¿Ayudé o me ayudaron?
Q abanico mas amplio podriamos desplegar con estas preguntas, jajajaja, de todas formas sea lo q sea si tu lo haces estara bien y nosotros te apoyaremos en todo, siempre tendras tu habitacion (aunqe no la ordenes), solo esperamos verte mas a menudo vale.
Por cierto a bego se le fue con el arbol, hasta q acaben las navidades no puede entrar nadie en casa pq solo entra el arbol en el salon, se le fue.
Ah y Arret q murió?, me parece q C. deberia meterte mas presion pa q lo acabes q a mi no me haces caso.

Ledicia Costas dijo...

fago caso fago. O que pasa é que Antía (Tooooodels) cargouse o meu ordenador. Agora está Sefi reparándoo. Queda pouco, moi pouco. Antes do que pensas, Arret estará nas túas mans......

Ledicia Costas dijo...

Bego, eu tampouco teño nin idea sobre como funcionan as axudas da Admon. Só sei que quero escribir ata volvervos a cabeza parva a todos coas miñas historias

Doctor Amor dijo...

En pocos sitios se está mejor que en cama en un día de frío como ayer. Ahora que ya tenemos el ordenata arranxado y la idea del cuento pa niños pergeñada es hora de ponerse a escribir rabudiña! Hoy me toca fregar a mi y a ti darle brasa a Arret que en 2009 tiene que ver la luz.

Arret ya por dios... dijo...

Doctor amor? Jajajajjajajajajajajajajajajaaja, q calidad, si Ledi mejor escribe y escapate a ese mundo de Arret.
Y doctor amor friega bien y con ganas, hay q frotar para lavar bien.

friego a dios dijo...

hay chains o ni de coña?

txarito dijo...

non me gusta nada que digas de maneira pública que non ordeo o meu cuarto, sobre todo porque non é certo...
teño ganas de ver a árobre de nadal, que ten que ser grande para que collan todos os agasallos debaixo!!!
Olentzero está preparando a carreta para vir a Vigo cargadiño de cousas boas e ricas!!! Que ganas teño de velo pola fiestra, espero que non se jperda buscando Cabral, je,je!!