1/20/2009

seguindo coa colleita de novos poemas


pardaiña é hoxe un lugar que doe tanto como o sol no pavimento
cando camiñamos descalzas tratando de sobrevivir

o barrio xa non ten sentido
e eu soporto o seu peso na memoria,
onde as bombas explotan contra o teu sorriso
convertindo o meu cerebro no fogar da guerra máis triste

-estás guapísima cando non choras –repítesme con voz de pantasma-,
pero no caleidoscopio das aparicións
ti tampouco pareces feliz

-prometo ser altísima e rezar antes de durmir
se mañá resucitas e aplastas todas as metáforas
que corren por diante da túa casa –berro eu-

pero levas no sangue a educación máis discreta
e non te está permitido desafiar
a lóxica dos verbos imperativos
-¿que facemos enton para ser felices?

e ti abres as mans ao escoitarme,
para que unha presada de bolboretas saia voando

enchendo a miña visión de tranquilidade multicolor

5 comentarios:

Anónimo dijo...

que senselo sería todo se unha presada de volvoretas poideran con todo o malo que xurde a cada momento de cada día

Ledicia Costas dijo...

si. e que práctico!! Ainda que ben pensado, conseguir unha presada de bolboretas en xaneiro.... habería que viaxar polo menos a Australia!

Anónimo dijo...

eu podo entender a metáfora como queira ou teño que chegar ao pensamento que tiveches tí ao escreber? se pode ser libre a miña interpretación, presadas de bolboretas (ista vez sen faltas) as atopo todolos días en forma de excusas, palabras bonitas e boas intencións que ó final quedan niso: intencións.
O caleidoscopio só engana a quen non cree o que ve a través del, o fin e o cabo, quén distorsiona mais a realidade: nos cos nosos soños e ilusións ou un simple caleidoscopio transformador de luz?
por certo: temos xa certa idade para seguir camiñando descalzas polo asfalto, eu procuro ter unha boa suela que me protexa, e se non a atopo, a fabrico.

Anónimo dijo...

ves? eu tamén fago metáforas!!!

Ledicia Costas dijo...

eu, cada vez que leo un poema, sempre intento imaxinar que e o que quere dicir quen os escribiu. É moi difícil entender cada verso, por iso ás veces conténtome con facerme unha idea xeral da temática do poema. Sempre hai versos herméticos, e outros máis transparentes. O xogo consiste en facer teu o poema, e adaptalo as túas propias vivencias. Xusto como estás a facer!!