1/16/2009

Seguimos con poemas novos


fálanme ao oído e son máis de unha:
a conciencia da miña nai,
a voz da miña avoa
(hoxe soñei que estaba viva
pero aparecía con cara de morta),
as palabras desgarradas das que me escoitan

a moitas outras non as coñezo de nada,
pero sei que teñen 14 cordas vocais

todas elas recítanme versos de lobishomes
e de mundo

tantas voces levo ao lombo,
(mulleres de palabra viva
mulleres de carne)
que ás veces nácenme antenas no corazón

escóitoas en estéreo
teñen o costume de falarme á vez,
unhas sobre outras


son surtidores de verdades

4 comentarios:

ai dijo...

unha dúbida: as partes entre paréntesis son unha segunda voz de narrador? Son as voces que oies? é a primeira vez que vexo un poema con paréntesis (leo pouca poesía)e paréceme super chulo porque me deixa imaxinar mais partes do poema, é como se debera descifrar varias interrogantes que se esconden nel... que guay, o leo varias veces e en cada unha delas atopo algo novo... o mellor non ten nada que ver co que penso, aínda que o simple feito de facerme pensar supón algo moi motivador!!

Ledicia Costas dijo...

efectivamente, os parénteses son unha segunda voz da poeta.
A poesía non entra a primeira vista, hai que ir afacéndose a ela, ir meténdose pouco a pouco nela. O que máis me entusiasma de ler poesía e iso mesmo que che acaba de pasar a ti: descubrir algo novo cada vez que leo un poema que me chega ben dentro.

Deivid dijo...

Pues si q debe ser bueno, si...

ai dijo...

Será bo todo o que nos deixe facer voar a imaxinación, todo o que nos faga felices e nos libere durante un ratiño das obrigas.
Será bo todo o que nos una e nos permita coñecernos un pouco mellor.
Será bo todo o que nos ensine cousas novas e boas e nos deixe medrar como seres humans.
É bo David, e moi bo!!!