1/21/2009


a paz pode durar horas, incluso días

aproveito eses momentos
para correr entre bicicletas

a melena médrame ata os talóns,
vou lanzando bolas de luz
e son máis libre que nunca

mudo de poema
porque nos meus ollos tamén hai sitio para ti

se non tes présa e podes agardar un segundo
tocareiche co meu dedo índice
para que che saian das xemas raíces fermosísimas

entre chicles de froitas
decembro será unha cama de lúas redondas
con textura de ciencia ficción

alí quererás meter a nosa historia en tarros de cristal,
que ben sei que o teu desexo
consiste en conquistar este planeta de viaxes
agora que sabes o que é
o mundo máis alá dos castelos de area

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Encantame ter un sitio nos ollos e no pensamento dalguén, que posue a chave para facer sorrir e pensar, a todos os que a queiran entender.
Kero conquistar o planeta de viaxes e todos os que me queiras ensinar.

Ledicia Costas dijo...

este é o primeiro de moitos. xa chos irei mostrando pouco a pouco aquí, na brea muiñeira. É un pracer!

Anónimo dijo...

Pues pa mi que no habla de ti, pero bueno vosotros a lo vuestro...

Anónimo dijo...

Entón iluminanos e dinos de quén ou de qué fala o poema.
O mellor se te das unha volta pola brea dixital cambias de opinión...