1/28/2009

Unha de medo


Non sei vós, pero eu aínda a día de hoxe non son quen de durmir coas portas do armario abertas. Algúns dos medos infantís quedan instalados nalgunha parte do cerebro e gozan saíndo e facéndose ver. Quizais non sexan medos infantís. Quizais había que chamarlle simplemente medos. Eu teño moitos. Convivo con eles e ás veces consigo capealos co máis grande dos sorrisos. Noutras ocasións non os capeo; limítome a meter a cabeza debaixo das mantas ata que chega o sono.

1 comentario:

txarito de erandio dijo...

Os medos infantís son medos que perduran dende a infancia ata a madurez e incluso ata a morte. Son reflexos de carencias, temores e sentimentos negativos en xeral que collemos de pequenos e que nos acompñan ó longo da nosa vida como mostra oculta de medos, carencias e sentimentos negativos actuais. Por exemplo, cando un neno-a pequeno, ten medo da oscuridade, en realidade do que ten medo é de estar só na cama, lonxe dos pais que non o estan facendo caso porque durmen. O neno-a non sabe iso e pensa que realmente hai mounstrous baixo a cama. Cando somos maiores e podemos con eses medos, e porque temos un momento bo, de forza interior. Os días que o medo nos pode, é moi probable que non estemos moi ben moralmente. Finalmente todos somos un pouco O perro de Paulov, tanto a nivel material como mental.