
e de repente, os días teñen xente, horas, bares, arrecendo a verán, estradas con coches ás cinco da tarde. e de repente mudei de lentes e Vigo deume unha hostia coa man aberta. de repente os reloxos volven andar ao seu ritmo. eu, que xa esquecera a sensación de ser humana, vou deixando atrás parafusos, arandelas e roscas. abandono a maquinaria toda porque xa non a necesito para nada. Recupero a pel, as uñas, as dedas dos pés. recupérome a min mesma e saco dos caixóns roupa que non poñía desde que que me naceran antenas metálicas na testa. si, señoras e señores. É unha ledicia saber que volvo ter ese nome.
NOTA: Perdoade polo retraso. Sei que debía ter actualizado antes, pero é que a miña parte metálica empezou a pelexar coa humana e se tocaba o teclado saían chispas ;)