5/15/2009

viaxes


Hoxe volvín soñar coa miña infancia. Ultimamente teño estrañas viaxes nocturnas ao pasado e ao futuro.
Ranma estivo presente nos meus 14 anos. Daquela eu movíame entre libros e debuxos animados e penso que a veces chegaba a confundir a realidade coa ficción. Curiosamente, segue a pasarme o mesmo, pero xa non o vexo como algo negativo. Todo o contrario. Viaxar durmida ou non a outros mundos imaxiarios (quen sabe se o son...) é unha forma tan bonita de fuxir da rutina que estou desexando que dean as doce da noite para meterme nalgún deses mundos!! Cales foron os debuxos animados que máis marcaron a vosa infancia?

3 comentarios:

txaro dijo...

A mín pasoume algo parecido os primeiros tempos de vivir na Galicia. Soñaba e lembraba cousas da miña infancia que, en pincipio, tiña gardadas no mais profundo de mín. Lendo algunhas cousas, entendín que o estar nun momento de transción vital, era normal retrotraerme a outros momentos.
Os debuxos que mais marcaron a miña infancia foron, por unha banda, Marco e Heidi, cos que chorei mares de vágoas. Por outra banda, Espinete e A bruxa avería fixeron as tardes de Jon e eu moito mais divertidas. Lembro cando tíñamos video e grabábamos os debuxos para velos unha e outra vez, sen descanso, ata reventar a cinta...
Dragoi Bola (Dragon ball) permitiunos ver debuxos en euskera por primeira vez e coido que fixo moito ben ao noso bilingüismo.
Campeones foi mais de maior e axudou a entender a esa especie tan rara chamada "chicos"... e incluso a facer inmersións no mundo do futbol de recreo...
Para mín os debuxos foron os primeiros en ensinarnos a realidade coa que nos encontraríamos mais adiante.

regalp dijo...

Tengo un recuerdo muy especial de las tardes del viernes, cuando con 10 pesetas me compraba 2 chicles boomer para ver al llegar a casa "sherlock holmes" (que eran unos perros". Que recuerdos más maravillosos. Al igual que a la compañera Txaro, me gustaba mucho "campeones", con aquellos campos kilométricos y con acrobacias varias.Los caballeros del zodíaco, bola de dragon... pero nada comparable a "LOST", hoy por hoy, "Perdidos" se ha convertido en una religión para mi, no se que va a ser de mi vida cuando acabe el año que viene...
Pero bueno, si superé la desaparición de "Twin peaks" supongo que podré superar también esta.

txaro dijo...

Eu teño un trauma con Twin Peaks, miña nai non me deixaba velo porque remataba moi tarde e, as horas de durmir sempre foron imperdoables...Todas as miñas amigas o vían e eu quedaba sen poder comentar con elas as pesquisas da morte de Laura Palmer... Que infancia mais dura tiven...
Tamén eran perros en dartagnan e molaban un montón!!!