4/21/2010

Hoxe en Los Sauces


Veño de dar unha charla no colexio Los Sauces. Teño na cara pintado ese sorriso que queda despois de ter asistido a un lugar no que te acollen cos brazos abertos coma portas enormes. O alumnado e profesorado fixéronme lembrar a razón pola que escribo. No padal quedoume o gusto de saber que os rapaces e as rapazas seguen emocionándose cando len Unha estrela no vento. Estou contenta e agradecida. Moito.

4 comentarios:

regalp dijo...

Felicidades, siempre es bueno recordar el porqué haces las cosas...están siendo unas buenas semanas, eh
Ánimo para todos estos proyectos, seguro que la recompensa en tu interior, va a ser parecida a la que recibiste al salir de este colegio.

Bicos

Ledicia Costas dijo...

oxalá! como ves, estou actualizando como debe ser... se che vén ben podemos quedar a vindeira semana para tomar ese café...

Ledicia Costas dijo...

oxalá! como ves, estou actualizando como debe ser... se che vén ben podemos quedar a vindeira semana para tomar ese café...

náufrago dijo...

E escribes porque respiras; escribes porque é o teu xeito de estar viva, de ser, de sentir. Parabéns.