7/26/2010

OS DE TODA A VIDA



Ultimamente atopo carteis curiosos en cada esquina. O pasado xoves, nunha cafetería da Praza da Constitución, recibiume este anaco de papel: CON EL CAFÉ NO PONEMOS GALLETA DE REGALO PORQUE EL CAFÉ QUE TENEMOS ES INSUPERABLE. Seica non teñen avoa. Ou seica non atoparon mellor desculpa ca esa. Ou quizais sexa unha pensadísima estrataxema de mercadotecnia (o márketing de toda a vida): a xente ve o cartel e pide café de xeito sistemático para comprobar a realidade desas palabras. Non che sei. O que si sei, e que todo o mundo agradece a galleta co café, ou o cadradiño de chocolate. E para iso unhas instalacións tan sofisticadas...
Unha hora despois de visitar esa cafetería, acabei tomando algo nun bar da zona da Pastora. Un dos de toda a vida. Con mesas de madeira, señores de cara vermella e camareiros e camareiras (os propios donos do negocio) que te chaman polo teu nome cando te ven entrar. E alí case que ceas cos pinchos: patacas acabadas de fritir, bocadillos quentes e a cociña botando fume para nós. Quedei dun barreno.
Que me dean os bares de toda a vida, que alí unha se sente case como na casa coa botella de Pitusa na mesa, facendo equilibrios entre as conversas que se cruzan.

4 comentarios:

mariademallou dijo...

o garito da pastora, mola, non podes negalo. e alí a birra tamén é insuperable e non andan con esas racanerías;9 esta semana volveremos. se te animas, dámos un toque.
bicos!

Ledicia Costas dijo...

home claro que me animo!!! nunha destas tardes, entre cervexas, historias varias e o don, seguro que conseguimos amañar o mundo. que ben, no garito da pastora...
bico grande!!

misshapes dijo...

E que as cousas así, as da toda vida, as que non cambian, son as mellores. Poque agochan unha verdade e un espirito que non deberiamos esquecer nunca. Logo nos bares "pijos", claro...tanta mesa de diseño e logo non quedan cartos para as galletas. Eu penso que esa é a verdadeira razón do cartel do outro día
;)

mil bicos

Ledicia Costas dijo...

temos que poñer de moda os bares de toda a vida. a min é que me engaiola iso de que me chamen polo nome e que me traten coma se fora da casa. ademais, dáme nostalxia dos tempos de antes e faime recordar cousas que tiña medio esquecidas.
+ bicos ;)