6/21/2009

os domingos cheiran


é como unha especie de volta atrás. tiveron que me ensinar cousas que un día souben, pero que esquecín por falta de lucidez, ou de intelixencia, quen sabe. agora que volvín, parece que estou conseguindo poñer as cousas de novo no seu lugar.

o meu avó fala de guerras de cando en vez. o do metal parécelle "un libertinaje". eu escóitoo pensando en que quizais mañá non estea. a morte é rara. como a poesía.

hoxe vai calor e os tellados das casas cheiran a morriña, pero non porque sexa domingo. Creo que teñen ese arrecendo desde que cumprín os 15.

-como foi o exame, ledi?

-Pois, tendo en conta que ás doce e media do martes estaba a piques de botarme atrás e non presentarme, bastante ben, o cal non quere dicir que vaia aprobar... podo aprobar, pero tamén podo suspender.

- Xa ves, sempre podes aprobar o suspender....

E aí non sei nunca que contestar. Explicalo todo dá demasiada preguiza. Polo xeral quedo máis tranquila falando "para dentro". Fágoo constantemente. Total, a outra persoa adoita ter balas máis que suficientes para desarmar as miñas contestacións (e si, digo balas e non palabras). As palabras son outra cousa ben distinta. As palabras son raras. como a poesía. eu amo a poesía porque me ensina cousas de persoas que teñen algo que ver comigo, aínda que sexa de lonxe. é divertido escribir "o meu pai arrastraba as bolsas de chuvia", cando en realidade estás pensando: a vida dá unhas hostias criminais. e o verso perfectamente podería ser ese: a vida dá unhas hostias criminais. Pode ser que un día empece así un poema, pero hoxe non. porque é domingo e porque teño unha planta á que lle medraron dous fillos, ou dúas fillas. o caso é que lle medraron, e iso ten que significar algo. as plantas son raras, como a poesía. e coma as persoas, que se cansan ata de pensar.

5 comentarios:

txaro dijo...

Quizá o intrlocutor non sexa o axeitado.
Quizá parar a pensar implique atoparse de morros cos sentimentos doblegados á rutina.
Quizá a guerra sexa mais real ca nunca.
Quizá a morte quera que estes preparada para cando decida presentarse.
Quizá o arrecendo esté no teu corazón e non nos tellados.
Quizá o maquillaxe que botan as palabras sobre a realidade permita asumila con maior entereza.

regalp dijo...

Nuestros blogs son primos hermanos... yo a vueltas con los viernes y tú con los domingos, no está mal.
A ver cuando te dignas a poner un enlace mujer, o quitaré el tuyo del mio... saudiños.

txaro dijo...

Xa que non podes agasallarnos cos teus poemas no blog, convídote a falar da represión do pobo hondureño neste momento de golpe de estado militar, ou as detencións de persoas afíns a movementos democráticos en Marrocos.
O mundo estase movendo e vai cara nós con moi malas intencións.
Só de nos depende como vai rematar isto...

ainara dijo...

OU ACTUALIZAS OU TE BORRO DOS MEUS FAVORITOS.
É UNHA AMEAZA!!!!

regalp dijo...

oye vaga!!! qué pasa contigo, ahora no tienes la excusa ni del trabajo ni de los exámenes... deja de vaguear y escribe un poquito anda!
Bicos