11/05/2008

o meu electroduende


FUN CAER AQUÍ
o día que atravesei o televisor
e saín da bola de cristal

crieime soñando que as paredes da casa
estaban construídas con galletas cuétara

eu pensaba que o teito da buhardilla
caía polo peso das plantas aéreas
e tamén por aquilo de aplastarme ben abaixo
sen futuro
sen recursos
como doe cando falta

dáme bocadillos de manteiga e zucre
que quero para min a insolencia de sentirme minúscula
e volver ser a nena das fotografías

poñer gafas de plástico
e ser invisible para vós
e para o mundo
ou pintar as paredes
e atravesalas,
só pola virtude de ser electroduende

5 comentarios:

Anónimo dijo...

quero cousas novas. quero sentir a túa imaxinación en consonancia coa túa dialectica. Deixa de remexerte na pena, deixa de "vivir de viejas glorias", ponte as pilas e bota pa diante. Keremos á Ledi de hoxe non a do repertorio (que é maravilloso, non quero que me malinterpretes), keremos que as bágoas sexan de felicidad, tí soa podes conseguilo e aquí estamos para acelerar o proceso. Vomita todo o que levas dentro e convertelo en poesía que é unha das cousas que mellor sabes facer.

Ledicia Costas dijo...

BOA VIAXE, LEGARRETIANA!

Anónimo dijo...

eu tamén espero ter boa viaxe, contareivos todo e espero traer moitas fotos.
quero descansar e disfrutar moito, faime falla un pouco de tranquilidade...
espero veros a todos felices á volta, sobre todo aos que estades mais baixiños. ter en conta que o outono e unha época dura para os bioritmos, botadelle a culpa ao ambiente e seredes mais felices. bicos mil para todas!!!

Anónimo dijo...

Era un blog que tenia menos actualizaciones que las instalaciones del sabajanes, jaaaaaaaaaaaaaaaaaaal.

Anónimo dijo...

LEDIIIIIIIIIIIIIIIIIII ACTUALIZA XAAAAAAAAAAAAAAAA DEIXA DE ESTUDAR, TOMATE UN RESPIRO E DANOS HISTORIAS BOAS DE ARRET!!!!!!!!!!!