Onte quedei xeada mirando o telexornal. Coa de cousas incribles que se ven no televisor parece difícil sorprenderse a estas alturas. Pois eu sorprendinme. Sorprendéronme os habitantes de Arizona, que non sei como se chamarán. Arizonianos, arizonienses. A saber. O caso é que neste estado, non olvidemos que se trata dun estado intengrante da primeira potencia mundial que son os EE.UU. e bla bla bla. Os tipos estes en cuestión, na súa avanzadísima cultura de avanzadísima primeira potencia mundial, promulgaron unha nova lei. Os habitantes do Estado de Arizona teñen permitido dispararlle (si, leron ben) DISPARARLLE a calquera persoa que intente cruzar as súas fronteiras. Parece ser que pretenden evitar a "invasión" doutras nacionalidades. E claro, que mellor para evitala que emprendela a tiros. Veña, imos a dispararnos os uns aos outros. Como pises un anaco do meu terreno, cósote a balazos. Que ben. Que bonito...
Así que se tiñan pensado darse unha volta polos EE.UU. e pasear por Arizona, ollo, que igual saen cos pés por diante.
2 comentarios:
Eso no es nada Ledi:
.- En Florida es ilegal tener sexo con un puercoespín.... (no sé a razón de qué tuvieron que crear esta ley, ni quiero saberlo...)
.- En Washington la única posición legal es la del misionero, el resto son ilegales (Qúe aburridos).
.- En Virginia es ilegal mantener sexo con la luz encendida...(será para ahorrar)
El caso es que, si un vecino te ve... qué hace? te denuncia?, sino, sería un complice de un delito...
Es para mear y no echar gota...
pero bueno! que e iso do porco espiño? Eu alucino. Efectivamente, se é ilegal ter sexo con eles será porque antes alguén o practicou e tiveron que ilegalizalo... vou anotar todas estas cousas que dis, para que non se me esquezan. Vaia sitio, os EE.UU.... menos mal que nacín en Galicia
Publicar un comentario