e foi que lin aquel poema, e souben que non quería volver falar de iglús e casas de frío porque unha morte montara a cabalo por riba da outra e xa estaba ben de nichos
e foi que se me derramou unha palabra triste por riba da roupa e logo tiven que andar toda a noite co vestido enluxado de nostalxia
e foi que alguén me falou de amor mentres eu andaba a remexer entre versos de bágoa, e decidín mercar un ventilador con aspas azuis para renovar o aire
e decidín empezar outros poemas,
mudarlles a cor,
pintalos igual que este trasto con aspas que dá voltas aquí,
neste cuarto no que un día soñei ser
No hay comentarios:
Publicar un comentario