7/20/2010

GLOBOS NO CEO


Eu non debía de ter máis de cinco ou seis anos. Non recordo que pasou antes nin despois, pero existe unha imaxe que habita nítida entre os meus recordos . Un enorme globo aerostático de cores voando por riba de min, pintando o ceo da Brea Muiñeira, o primeiro lugar que me viu medrar. Penso moitas veces nese instante, nese momento concreto que me uniu ao ceo da Brea para sempre.

Non volvín ver un globo nunca máis. Non en directo.

Hai cinco ou seis anos fun dar unha charla a un instituto de Betanzos. O profesor de lingua galega contoume que alí era tradición facer voar un globo aerostático unha vez cada ano. E agasalláronme cun pin en forma de globo.

Gustaríame volvelo ver. De casualidade. Sen estar preparado. Ver de novo un globo de cores pintando o ceo, facéndome soñar. Como aquel día.

3 comentarios:

Regalp dijo...

Debe ser muy bonito volar en un globo de esos, viendo todo desde arriba en un día soleado...
si te animas algún día a probar, avísame.

Bicos

telmo dijo...

Eu volei nun globo e a verdade ainda teño o medo metido no corpo, non repetiría se non fose necesario.
De tódolos xeitos tedes que probar, cada un é como é.
sau2

Ledicia Costas dijo...

Eu creo que debe ser bonito, como di Regalp, pero a min daríame medo, como a Telmo. Case mellor velos desde abaixo... ;)