7/30/2009

Dádeme libros!

Durante un tempo cheguei a pensar que xa non me gustaba ler. Tardaba meses en rematar unha novela, quedaba durmida sempre ao chegar á terceira ou cuarta páxina. E iso preocupábame, porque alguén ao que lle gusta escribir non pode non gustarlle ler. Aínda sendo consciente desta contradicción, estaba preocupada pensando que non había sitio na miña vida para os libros. Pero tranquilidade, porque era todo mentira. Son unha devoradora de libros. Unha vez recuperado o tempo, ese impulso lector veu el soíño, sen necesidade de buscalo. E claro, aí empeza a aventura. busco libros que están xa descatalogados pero que necesito ler porque teño deles un vago recordo protagonizado por min mesma cando tiña doce ou trece anos, merco ensaio, novela, poesía. Teño sempre un diccionario ao meu carón e un lápis na man para subliñar frases ou palabras que me chaman a atención. Que bonito é engancharse a unha historia. Algunha idea para fomentar a lectura? Acéptanse suxestións!

5 comentarios:

Regalp dijo...

A mi me encata Pérez Reverte, desde crio, cuando leí "La tabla de Flandes" y también Matide Asensi, con "El último catón". Igual a ti no te llenan como a mi, pero sobre gustos... Ahora esto con "El viaje de Teo", que realmente es casi como un ensayo, ya que habla del mundo de las religiones y poco menos que hay que pillar apuntes para no despistarse.
Sobre los libros que leemos cuando somos crios y nos marcan, yo tengo uno y además en galego, que en su momento me cautivó y al que he intentado volver en varias ocasiones. "Un ano e un día" de X. Manuel Fernández Oca. Te lo recomiendo encarecidamente.

Bicos lectora.

txaro dijo...

Eu entendo que é moi complicado motivar á xente xove a ler cando atopámonos constantemente bombardeadas por xeitos de comunicación e de aprendizaxe, que non requiren el mais mínimo esforzo.
De todolos xeitos, considero moi necesaria a sesibilización cara á leitura desde pequenos por millóns de motivos. Pero non vou a nomealos todos, só un:
Para mín ler supón unha porta aberta ás cousas descoñecidas, por exemplo, recordo que sendo bastante pequena limos no colexio "El diario de Anna Frank", gustounos moito a todos e aprendimos moitísimas cousas sobre a II Guerra Mundial, o nazismo, as religións... Cando en 3ºBUP estudamos esa mesma guerra, baseei o meu exame de comentario de texto no libro de Anna (porque non estudiara) e saquei unha grande nota. O que quero decir, é que cando descubres algo que te interesa e o desfrutas, aprendes moito mais que facendo as cousas por obriga. Aprender a deixarse levar pola historia dun libro é unha perfecta forma de aprendizaxe e de búsqueda de crecemento persoal.

txaro dijo...

Ledi, por qué non comentas no meu blog?
E moi malo?
E que non teño comentarios de ninguén e síntome mal...

Regalp dijo...

Hola txaro, yo me siento igual que tú....jajajaja, somos ignorados por la comunidad bloguera y por nuestra sublime Ledi. Dime cual es el blog y me pasaré a aportar algo

ainara dijo...

o meu blog é: www.soycomoelsol.blogspot.com
Estarei encantada de recibir comentarios.