3/03/2010

Microconto


Levantou a mirada e por primera vez atreveuse a miralo directamente aos ollos. Nese instante soubo que tamén el estaba namorado.

2/08/2010

Xardín de Inverno


O vindeiro xoves ás 20:30h. no Verbum, Casa das Palabras. Haberá poesía, danza e videocreación. Haberá performance, sorpresas e intensidade. Pero, sobre todo, haberá ganas de convertir a tarde nun momento noso. Espero vervos alí. Non hai mellor agasallo que poder compartir este evento con vós.

1/25/2010

Seguimos Baixando á Terra...


Preparando a actuación do día 11 no Verbum. Modificacións, sorpresas, novidades... teño 180 cadeiras para encher. En poucos días colgarei o cartel. Estade alerta! Déixovos un adianto:


para poder vivir sen respirar

deixei de ser humana


mentres ti buscabas

a forma máis espantosa

de manterme baixo terra

eu eliminaba o osíxeno

do meu vocabulario


aquí abaixo

os medos teñen rostro de muller

e forza de animal salvaxe


aquí abaixo

a miña vida non é miña

1/21/2010

Baixo Terra


Baixo Terra é un proxecto fermoso. Trátase dunha curta na que, por medio de distintas disciplinas artísticas, vaise contar unha historia intensísima. Poesía, danza, música reunidas no formato audiovisual. Tres días de intensa rodaxe. Frío, ourizos cravándose polo corpo, caras cheas de terra, pés doloridos de camiñar polo cemento, + frío... pero sobre todo, ganas de traballar, xente disposta, artistas de verdade.
Baixo Terra é un proxecto fermoso. Crucemos os dedos...

10/28/2009

1990



sempre quixen volver a 1990...

10/23/2009

Arte Macabro



Seducida por esta obra de "arte macabro"

10/20/2009

Soy como el sol

a miña entrada de hoxe remite a un blog que merece ser visitado por moitos motivos: www.soycomoelsol.blospot.com