7/06/2010

O SEGREDO DE MARCO POLO



Será o vindeiro xoves ás 20:30h. na Praza de Compostela (Vigo). O escritor e amigo Francisco Castro presentará O Segredo de Marco Polo, novela que sen dúbida deixará coa boca aberta a máis de un e de unha, por razóns que se intentarán explicar durante o acto. E aínda que o xoves non vaiamos averiguar cal é o segredo de Marco Polo (para iso hai que mercar o libro), prométese unha tarde de boa literatura ambientada na Venecia do século XIII. Agardo vervos alí...

4 comentarios:

náufrago dijo...

Moitas grazas, Ledicia, por eses comentarios. Eu si que teño a boca aberta por tanta xenerosidade. Xa me tarda que sexan ás 20.30.

Ledicia Costas dijo...

E finalmente todo foi mellor que ben. Unha tarde de literatura para recordar.

náufrago dijo...

E ti tiveches moito que ver co ben que foi todo. Síntome honradísimo por todo o que dixeches. Obrigadísimo.

Ledicia Costas dijo...

Foi un pracer enorme compartir unha tarde tan importante. Emocionáronme as túas palabras. Agora que o Marco Polo faga a ruta que merece e que corra de boca en boca :)