4/13/2010

microconto 2


Despois de ter pasado semanas enteiras buscándote entre os zapatos da xente, debaixo das caixas vellas, nos cabelos dun neno que acaba de aprender a sorrir, na distancia exacta que separa o bruído das mareas do latexo da miña respiración, atopeite aquí, no oco que a túa cabeza deixa na almofada cada mañá, cando pechas a porta co calor do nordés.

3 comentarios:

Regalp dijo...

Me sigue gustando Ledi... mucho...
pero es un sinvivir esto de esperar tanto por cada entrega, así que no dejes que pase tanto tiempo entre capítulo y capítulo, por favorrrrrrrrrrrrr

Ledicia Costas dijo...

si, tes razón. intentarei deixar entregas máis a cotío

Ledicia Costas dijo...

é certo. non teño desculpa