Preparando a actuación do día 11 no Verbum. Modificacións, sorpresas, novidades... teño 180 cadeiras para encher. En poucos días colgarei o cartel. Estade alerta! Déixovos un adianto:
para poder vivir sen respirar
deixei de ser humana
mentres ti buscabas
a forma máis espantosa
de manterme baixo terra
eu eliminaba o osíxeno
do meu vocabulario
aquí abaixo
os medos teñen rostro de muller
e forza de animal salvaxe
aquí abaixo
a miña vida non é miña
4 comentarios:
Ahí estaremos Ledi!!!
e eu agradecereino moito moito!!
Eu chegarei tarde polo traballo pero estarei seguro. 180 cadeiras son moitas cadeiras, hai que facer unha boa difusión, en canto teñas o cartel mándamo para dinfundir e se queres facer unha pegada, avísame e axudo.
Estou nerviosa con isto!!!
eu tamén!!!! espero que todo saia ben. Hoxe imprimen os carteis. Xa me darás ideas para ver onde os pego, que ti diso controlas. Crucemos os dedos ;)
Publicar un comentario