
Este é o poema que lin onte na Praza da Princesa, en Vig0. O motivo: que queremos galego.
no meu soño eramos exploradores
que levabamos botas con cordóns de palabras
enredadas,
subíndonos polas pernas
botabámonos ao monte
cos pantalóns arremangados
para sentir o contacto das letras na pel,
lonxe do anonimato da cidade,
onde ninguén podía destruírnos a lingua
nin arruinarnos as infancias
descubriamos tribos máis civilizadas
que os mutiladores do século XXI
e xurabamos que a guerra
acabariámola gañando en galego,
por unanimidade,
cos petos inchados de historia