9/29/2009

Monicreques!


ás veces creo que somos monifates, bonecos de trapo que alguén manexa como quere. Non me gustar ter a sensación de que vivo nun teatro montado polos de arriba. Tócanos improvisar, movernos, falar. Se nos saímos do círculo que nos marcan sempre aparece alguén disposto a sinalar co dedo índice con aire acusador. Non quero que me xulguen, nin que me apunten co dedo, nin que me impidan ser eu. Non me dá a gana de renunciar a gozar do pracer de ser eu mesma. Señores e señoras, vostedes monten o seu teatro, que xa me encargarei eu de desmontalo á miña maneira. Que teñan un bo día ;)

3 comentarios:

Regalp dijo...

Ole!!!, me gusta es actitud positiva, optimista. Yo estoy contigo, al menos intentaremos hacer la vida que queramos y si no lo conseguimos, pues al menos lo habremos intentado.
Que pases un buen día, post-aprobado!!! Creeme que cuando acabes y pase un tiempo, echaras de menos esa sensación, la de ver una nota y encontrarte con una alegría. La vida de después es una "evaluación contínua"
Bicos nena.

ainara dijo...

Eu tamén desfruto moito atopando á Ledi mais positiva que podría imaxinar!!!
Mais vou dar a miña opinión. Fai moito tempo que creo na existencia dun gran hermano que mobe os fíos dende arriba e manexa as voluntades das persoas que quedan baixo os seus pes. Unhas veces os gobernos, outras as multinacionais produtoras de bens e servizos, outras os medios de comunicación... en definitiva, queles que teñen poder manexan os nosos gustos pola literatura, o vestido, incluso as ideas políticas poden ser alteradas a través dun personaxe con certo bagaxe e don de xentes.
Pero tamén creo na idiosincrasia de cada un de nos como individuos independentes. Vaia por delante que esta cualidade só a atopo nos sentimentos mais primarios, nas relacións mais viscerais e sinceras, pero existe.
Existe a posibilidade de crearse a unha mesma, existe a posibilidade de loitar contra os órganos opresores, existe a posibilidade de pasar das normas socias establecidas e facer a loita pola nosa conta.
Existe pero é dolorosa.
Doe pero á vez permite á persoa que o fai sentirse un poukiño mais viva.
O mellor destes sentimentos é saber que moitas sentimos o mesmo ca tí e que loitaremos ó teu carón!!!

Ledicia Costas dijo...

si, si, si!!! Que ben entendestes o que quixen transmitir. Sodes grandes coma o atlántico :)