a culpa non é de que a calor non dea chegado. creo que máis ben, esta sensación de apatía que me inxecta o mes de agosto ten a súa orixe en que parece que todo para de súpeto. a maior parte dos blogs que adoito visitar están pechados por vacacións. a bandexa de entrada do meu correo electrónico parpadea día tras día no nº 9 (non sei por que teño a estraña teima de deixar sempre nove correos sen abrir, en lugar de borralos. debe ser para que a bandexa nunca me reciba cun cero. os ceros danme algo de medo. Pero por que 9 en lugar de 7 ou 8...?. terei que pensar máis de vagar neste asunto). ao que ía, que agosto é lento. e pesado. lento e pesado coma a calor que non chega. o meu avó leva dúas semanas dicíndome cada mediodía: ya vendrá, ya vendrá. E eu contéstolle que non, que este ano o verán xa está marchando mentres todo o mundo agarda a que chegue. son curiosas as conversas que temos o meu avó e máis eu. debería escribilas todas para non esquecer nin unha palabra súa. ben dá para ser o personaxe dunha novela con xeito. pero aínda non. basicamente porque considero que hai cousas que me van demasiado grandes aínda.
onte mirando a tele despois de comer, unha das protagonistas dunha serie na que se retrata a vida de alumnado e profesorado dunha escola privada, dixo algo me que deixou mosca: soy retorcida, dixo. retorcida. pero non retorcida de mala persoa, de tipa escura e sibilina. non. trátase doutro tipo de retorcemento no que me sentín esaxeradamente identificada. exactamente a frase foi: crees que te convengo? soy retorcida. no te preocupa el hecho de que quizás yo sólo quiera estar contigo porque soy tu profesora? e aí quedei pasmada mirando para o televisor. logo pensei en que era unha frase trampa, porque quen non é algo retorcid@? o meu avó, por exemplo. é retorcido ata o extremo. de aí me vén a min. seguro. seguirei pensando nisto mentres agardo a que pase outro día máis deste agosto raro. Boa fin de semana
1 comentario:
Vaia Ledi, sacas varios temas á vez...
Por unha banda eu creo que agosto está resultándote lento porque está sendo un agosto especial na túa vida... cántos agostos pasaches sen ter nada que facer? Coido que ahí pode estar a resposta de que te resulte raro que os demais paren. É certo que agosto é un mes no que todo para e eu, apostaría por un modelos de ferias que garantira a non saturación dos lugares de descanso ademais da non desertificación doj resto dos lugares... imposible nun lugar cun clima coma o noso...
Este ano non temos verán porque os humanos estamos a reventar o clima, debemos asumilo e intentar paliar estes cambios.
Por outra banda: avós. Eu tamén pensei mais dunha vez en escribir a biografía da miña avoa, para mín e a persoa que nunca deixa de ensinar cousas, de adaptarse aos tempos e de entender perfectamente a rapaces de 20-30 anos. Estou segura de que te sintes tan orgullosa coma mín de parecerte a alguén tan especial coma o teu avó.
Finalmente, recomendaríate que deixaras de ver series dese tipo, as considero un insulto á inteligencia dos televidentes, ademais de mostrar unha moral e principios bastante precarios...
Retorcid@s somos tod@s, cando queremos e nos benefica nalgo... eu creo que é bo non ser simple.
Publicar un comentario