e de repente, os días teñen xente, horas, bares, arrecendo a verán, estradas con coches ás cinco da tarde. e de repente mudei de lentes e Vigo deume unha hostia coa man aberta. de repente os reloxos volven andar ao seu ritmo. eu, que xa esquecera a sensación de ser humana, vou deixando atrás parafusos, arandelas e roscas. abandono a maquinaria toda porque xa non a necesito para nada. Recupero a pel, as uñas, as dedas dos pés. recupérome a min mesma e saco dos caixóns roupa que non poñía desde que que me naceran antenas metálicas na testa. si, señoras e señores. É unha ledicia saber que volvo ter ese nome.
NOTA: Perdoade polo retraso. Sei que debía ter actualizado antes, pero é que a miña parte metálica empezou a pelexar coa humana e se tocaba o teclado saían chispas ;)
5 comentarios:
Vigo obriga a cubrir o corpo con corazas de hormigón que sexan quén de loitar co seu homólogo, o asfalto.
Os días mecanizan a nosa vida ata o punto de facer medrar as relacións persoais a través dunha rede abstracta, e dun diálogo dixital.
Ter consciencia delo e privilexio duns poucos, desexar o cambio e o sono duns tolos.
Permitir que o corpo e a mente recuperen a estabilidade, devolver-me o control sobre a propia vida e decidir sobre o destiño que se quere ter, é unha loita en sí mesma.
Unha loita social, persoal, profesional...
Maravillosa loita de vivir para ser e facer o que me peta!!! Escribir o destiño con lapiz.
Si, é unha loita en si mesma. Pero niso consiste: en pelexar ata quedar sen folgos. E niso estamos ;)
Eu coido que non hai descanso para ás mentes inquietas que desexan acadar todo aquilo que son capaces de soñar porque cando un soño se cunple, outro novo está a rondar.
Iso é o que completa a vida (na miña forma de vela) porque aporta continuo desexo de mellora, continuo desexo de viver...
Bicho, regalp ha vuelto, así que a ver cuando pones un link a mi página en tu blog, que van siendo horitas. Comparte algunos de tus admiradores!!!
Mucho ánimo para lo que tienes por delante.
é incrible!!
Publicar un comentario