5/06/2009

as miñas historias


Ultimamente hai un pensamento que non deixa de rondarme. Teño a sensación, arriscándome a parecer contraditoria, de que quizais, e digo quizais, estea malgastando o tempo nesta oficina na que paso 10 horas diarias. Si, xa sei que sen traballo non hai cartos e sen cartos non hai: comida, bebida, roupa, casa, coche etc. etc. etc. ... Pero o caso é que estou plenamente convencida de que, de non investir tantas horas neste choio, sairían novelas, poemarios, lecturas, carreiras, ás para voar onde quixera (co monedeiro sen un céntimo, seino). Todo o mundo me repite que para ter unhas cousas hai que renunciar a outras. A pregunta é: que pesa máis? Teño na cabeza tantas historias por escribir e tantos personaxes que me berran: Ledi, dame forma e ponme a camiñar xa! que ás veces creo que o meu cerebro vai rebentar. O día menos pensado fago as maletas e marcho a calquera deses mundos que teño dentro. Pode que regrese, ou pode que non...

6 comentarios:

ai dijo...

Para ter unhas cousas hai que renunciar a outras, sí, pero non hai que levar o conto ao extremo.
Aínda non cumpliches os trinta e xa pensas en renunciar ao que mais te fai brillar?
Eu creo que hai tempo para todo.
Hai alternativas para todo.
Evidentemente, será mais duro, pero tamén mais gatificante.
Non podes plantexarte buscar un traballo a media xornada? Ou nos fines de semana?
Coido que a satisfacción persoal pesa mais en tí que a material, e que se é polo amor á literatura, poderás vivir con menos.
E unha aposta de futuro, non só un capricho. Eu creo que tí non serás feliz se non podes botar fora todo ese potencial, se non luchas por elo.
Pode saír mal, pero o peor é que non saia nada.
A falta de confianza creo que tamén inflúe (fantasmas, fantasmas...)

Regalp dijo...

Aunque por distintos caminos, hemos llegado a un punto similar. Resulta curioso ver cómo, con apenas unas horas de diferencia, hemos bajado los dos a los infiernos del ánimo y de la desilusión. Hoy más que nunca te recomiento mi post (sí, en ese blog en el que te resiste a entrar), porque supongo que encontraras muchos paralelismos.
Seguro que hoy no soy yo la persona que más te puede animar, después de lo que he escrito, pero aún así déjame intentarlo.
Ledi, valórate más y mucho más cuando no eres tú la que te sientes mal por lo que haces, sino que son los que te rodean los que están cavando bajo tus pies. Se renuncia a unas cosas, se escogen otras, pero es duro dejar a un lado sueños que nos acompañan durante mucho tiempo. No lo hagas!
No te ciegues en la niebla de las circustancias. Ahora sólo ves lo negativo, pero puedes sacar mucho más de lo que tienes, sin duda. No busques coartadas que te justifiquen, siguen dando lo mejor de ti, en todos los terrenos y ya llegará el momento de elegir, pero no porque te fuercen los demás, sino porque tú quieres que ese sea el momento.
Mucho ánimo, muchísimo ánimo, ya sabes dónde desahogarte cuando quieras.

Ledicia Costas dijo...

Será isto a crise dos 30? Volvín ler os meus 5 últimos posts, e a verdade é que esta liña non pode ser boa (nin para min, nin para vós). É que creo que lle contaxiei a regalp parte da miña negatividade ;)
Desde logo, os vosos ánimos teñen moitísimo valor. Ai, tes rázón cando dis que a satisfacción persoal pesa en min máis que a material, cando dis que hai alternativas, cando falas de que isto non é un capricho, senón unha aposta de futuro. E regalp,si que deberiamos valorarnos máis, pero ás veces pesan demasiado os "atrancos" cos que me dou de fuciños día si e día tamén. Para variar, vou reflexionar. E quizais faga caso do que me dixo Ai meses atrás cando suxeriu que adobiara este blog con entradas alegres...

txarito dijo...

Quero comentar un par de cousas: Primeiro quería saber se Regalp ten inconvinte en facilitar o enderezo do seu blog para poder visitalo e opinar nel.
Con respecto ao tema que nos atañe neste momento, coido que nos momentos de cambio, cando hai que tomar decisións que poden dar a sensación de ser para sempre ou que poden cambiar o rumbo da nosa vida, é lóxico que xurdan medos e dúbidas. O raro sería telo todo super claro, para iso a vida tería que ser mais sensela.
Non eleximos o camiño facil en ningún momento, menos cando se trata de crear o camiño que queremos seguir...
A chave está en ter claro o que se quere para poder averiguar cómo conseguilo.
Non se trata de escribir cousas alegres porque sí, senon, porque se chega ao punto de ter ideas alegres que plasmar nun papel, e iso non vai a vir só, ven da man do esforzo, da loita e de deixar cousas polo camiño. (Cousas que estorban no noso proxecto).

Ledicia Costas dijo...

se pinchas en regalp, aparece un enlace que che leva ao seu blog

Regalp dijo...

No tengo ningún inconveniente en que cualquiera entre en mi blog:
www.letrasdesdemiventana.blogspot.com.