O verán chamando ás portas, e eu con esta sensación de que o tempo parou. Ultimamente os días parecen todos iguais: estradas grises, o caos do teléfono, o ruído dos camións, a cara de estanque que se me pon cando dan as sete e saio pola porta do traballo camiño a ningunha parte.... quizais non sexa máis que a calma que precede á treboada. Ou talvez non.
5 comentarios:
As veces é moi complicado poñer nome ás sensacións e aos sentimentos, mais coido que o problema maior para conseguir medrar a nivel persoal, radica na falla de costume que temos para sacar de dentro as presadas de fogos de artificio que, o estar presas, estallan dentro de nos deixándonos valeiras do sentir.
Pregúntome por qué as 7 saes de traballar CARA A NINGUNHA PARTE por qué os días SON TODOS IGUAIS polo tristes e monótonos, por qué non escribes o teu destiño coas palabras da experiencia de moitas cousas que queres e podes facer, por qué te resignas a un futuro que non queres, a unha vida que non queres, se tes todo ao teu favor para mudar esas sensacións, esa realidade...
creo que é culpa da primavera. Pero en serio que estáseme a poñer cara de estanque.
Mudar a realidade é posible, si, pero tamén moi complicado. Sen querer ímonos deixando ir e cando nos decatamos estamos atrapados nunha arañeira sen sentido.
voltar á orixe do caos pode server para ser quén de chamar ás cousas polo seu nome. Identificar esa orixe pode axudar a relativizar un monte de cousas que non doerían tanto de non existir, ou de ter minimizada a virulencia dese grao.
O proceso de autocoñecemento, de analise da realidade e de búca de alternativas, non é un camiño curto nin senselo, mais sí clarificador e de crecemento. Incluso diría mais; coido que chegar ao autocoñecemento e autoanálise REAL é a chave da liberdade e. polo tanto, da felicidade.
deberíamos de publicar un libro de ensaio escrito a medias ti e máis eu co resumo de todo escrito nas entradas deste blog...
Coido que se tería mais control da práctica que da teoría o sufrimento sería menor, de todos os xeitos, para mín isto serve de terapia relacional e persoal, no sentido de aportar ideas e sentimentos comúns que son difíciles de expor na cotidianeidade diaria...
Publicar un comentario