4/20/2009

MANIFESTO


Despois de semanas afastada do meu blog por exceso de traballo (remunerado e non remunerado), reaparezo con esta entrada para facervos reflexionar a vós e a min mesma:


1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.
2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.
3.- Por iso, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.
4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.
5.-. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.
6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.

6 comentarios:

txaro de erandio dijo...

Os galegos son quenes decidiron matar o seu idioma cando volveron a por a dereita no goberno.
Para mín é así de simple. Historicamente temos sufrido (os que entendemos a nosa identidade un pouco mais alá da española) unha incansable loita contra esas mostras de identidade diferente e definitoria por parte dos poderes políticos que vían, e ven, ameazada a súa concepción de Patria-Nación polo feito de que España nunca foi unha, grande e libre. Nunca foi unha porque somos a suma de moitas culturas moi dispares entre sí. Nunca foi grande porque nin a extensión xeográfica nin as conquistas españolas (en nigún campo) o son. E nunca foi nin é libre porque non deixaron que cada quen entendera, defendera e festexara a súa cultura, folcklore e forma de ver a vida coma a súa propia historia lle manda. Todo co fin (soño) de ser nalgún momento unha potencia que poida competir co resto de Europa.
O problema é que ninguén quere ver que para equiparanos co norte temos que voltar a nacer e cambiar aspectos que nin os españois galegos, nin os españois vascos, nin os españois cataláns estamos dispostos a mudar.
Eu creo que habitamos nun país de retrógrados que non aprenderon nada das grandes guerras e seguen pensando que a liberdade é o opio do pobo e non todo o contrario.
O problema é que a todos eses os temos mandando...

Regalp dijo...

De acuerdo Txaro... no se le puede dar nada a quien no lo quiere y esto es algo que aquí queda claro. En lugar de sumar diferencias, algo que es claramente enriquecedor, nos dedicamos a homogeneizarnos, como elemento de identificación. Hay unos celos enormes, por parte de quien no tiene una cultura propia, pero enormes y da rabia reconocer que un gallego y un canario no tienen casi nada que ver. Sumemos desde los puntos en común, pero no dividamos desde las diferencias.
Ahora bien, no coincido con Ledi, acerca de que no se hace nada por el idioma, cuando llevamos cuatro años en los cuales se ha usado la protección al gallego como arma arrojadiza contra el bipartito. Ahora tendremos lo que nos merecemos, ni más ni menos.

txaro dijo...

Regalp... que se te mira o plumeiro... sí que é certo que o bipartito fixo unha grande aposta polo galego e o impulso do mesmo na educación. Pero non é menos certo que desde a oposición (cando non mandaban) non se escoitaban a voces galegas de pro. Na Galicia nunca se coidou o idioma, nunca se entendeu coma algo importante e diferenciador, pero xa non estamos nos sesenta, xa non temos medo e coido que moitos de nos loitaremos polo galego coma nunca antes se ten feito. E esa loita virá motivada polo rexeitamento do idioma que fai a dereita e virá das mans das organizacións soaciais e as xentes que, fartas de tento engano, loitarán polo seus dereitos.
Eu teño a esperanza de que todos os cambios que está a facer o novo goberno hinchen as orellas das cidadáns ata o punto loitar polos noso dereitos coma nunca antes se fixo.

Ledicia Costas dijo...

o debate está aberto, sen dúbida. Coincido en que en Galicia nunca se coidou a lingua, e penso que grande parte da culpa é d@s propi@s galeg@s, que non a senten como súa. Contra iso pouco podemos facer porque, afortunadamente, temos liberdade para elixir. O que si está na nosa man (na man das persoas que consideramos que somos afortunadas polo feito de ter lingua propia)é loitar pola supervivencia dunha cultura que leva sendo infravalorada desde hai séculos.

txaro dijo...

Completamente dacordo con ledi en todo menos nunha cousa. @ galeg@ si sinte o idioma como seu pero o considera algo malo. Entendido historicamente e dentro da concepción mais deritosa posible por suposto. Mentras o resto das comunidades con idiomas e dialectos propios sempre o entenderon coma algo intríseco, propio e diferenciador aos galeg@s fixéronlles crer que o feito de falar no seu idioma era síntoma de palurdismo ingnoranica. Isto non o pensaron eles sós, senon que a brutalidade policial e social de fai algunha década, provocaron que este sentimento afondara nas conciencias galegas. Puntualizo isto porque creo que é unha mostra mais do dano que fan as políticas censurantes e dictatoriais as sociedades nas que se implantan.
Por certo, e acolación de todo isto, comentar que o novo goberno que temos, dentro da súa lexitimidade decidiu pechar (sen previo aviso)o clube internacional de prensa, lugar que servía de altavoz para as pequenas organizacións que temos cousas que decir. Menos mal que non viñan a destruir nada...

ai dijo...

LEDI PECHARON ALECRÍN!!! BOTARON AS TRABALLADORAS E PECHARON SEN MAIS!!!! SAE NA PRENSA DE HOXE.