Teño un agasallo para ti:
quilos de versos que poidas meter na mochila
para que te lembres de min en cada viaxe
e vaias repartíndoos cada vez que necesites arrincar un sorriso
porque se lanzas ao aire
unha presada dos fogos de artificio que levas no ventre
o mundo explotará en cores
e serás o punto exacto no que o verán pouse o seu arrecendo
un paso teu
pode ser a razón de que hoxe espertemos con ganas de comer o sol...