
Esta imaxe recórdame ás clases de historia da arte en COU. Daquela buscaba a cotío esta fotografía no medio das páxinas do libro para imaxinar como sería visitar ese lugar máxico. Hoxe atopeina de novo por casualidade, e viaxei unha vez máis aos dezaoito anos. Son a mesma persoa, pero mudaron tantísimas cousas. Supoño que niso precisamente consiste vivir. Que pasen unha boa fin de semana