Esta imaxe recórdame ás clases de historia da arte en COU. Daquela buscaba a cotío esta fotografía no medio das páxinas do libro para imaxinar como sería visitar ese lugar máxico. Hoxe atopeina de novo por casualidade, e viaxei unha vez máis aos dezaoito anos. Son a mesma persoa, pero mudaron tantísimas cousas. Supoño que niso precisamente consiste vivir. Que pasen unha boa fin de semana
2 comentarios:
Cando penso en cómo era eu con dezaoito anos me da a risa. A verdade é que o pasei moi bem pero agradezo moito ter medrado física e intelectualmente. Cando lembro a minha forma de ver a vida e o que me rodeaba... sinto ata vergonza, jaja!! As veces quero ser pequena para non ter tantas obrigas... pero sabendo o que sei hoxe... e incluso algo mais!!!
Aos dezaito anos eu era unha ignorante da vida que cría que ía comer o mundo. o mundo comeume a min a cachos. e o anaco mais pequeno rexurdiu non sei como. Eu tamén fiquei engaiolada da Casa Wright cando empecei a estudiar Historia e iso foi moito despois dos dezaoito. Pero nunca é tarde. Cousas coma esta pagan a pena antes e despois dos dezaoito. A min suxíreme unha cheminea acesa e son da auga como compaña dun libro. non é preciso nada mais.
Publicar un comentario