5/18/2009

O día do meu planeta


Onte en galego,
hoxe en galego,
mañá en galego.
O meu planeta
ten lingua propia.

5/15/2009

viaxes


Hoxe volvín soñar coa miña infancia. Ultimamente teño estrañas viaxes nocturnas ao pasado e ao futuro.
Ranma estivo presente nos meus 14 anos. Daquela eu movíame entre libros e debuxos animados e penso que a veces chegaba a confundir a realidade coa ficción. Curiosamente, segue a pasarme o mesmo, pero xa non o vexo como algo negativo. Todo o contrario. Viaxar durmida ou non a outros mundos imaxiarios (quen sabe se o son...) é unha forma tan bonita de fuxir da rutina que estou desexando que dean as doce da noite para meterme nalgún deses mundos!! Cales foron os debuxos animados que máis marcaron a vosa infancia?

5/13/2009

Poesía


Azul, líneas en el mar

que profundo y sin domar

acaricia una verdad

y tú no lo pienses más,

o te largas de una vez

o no vuelves nunca hacia atrás.

Se dejaba llevar,

se dejaba llevar por ti,

no esperaba jamás

y no espera sino es por ti,

nunca la oyes hablar,

solo habla contigo y nadie más,

nada puedes sufrir

que ella no sepa solucionar.

Temor, alcohol de quemar,

pon tus manos a volar

o en tus ojos el terror,

Azul vuelve a reflejar,

y fundido con el sol

reina un sueño de sonido a mar.

Se dejaba llevar, se dejaba llevar por ti,

no esperaba jamás

y no espera sino es por ti,

nunca la oyes hablar,

solo habla contigo y nadie más,

nada puedes sufrir que ella no sepa solucionar.

Se dejaba llevar...

5/11/2009

Pensadora


Tempo de cambios, de tomar decisións
difíciles. Tempo de buscar outro
camiño, de atopalo e de mudar o rostro.
Tempo de chuvia... Pero ha de vir o sol

5/06/2009

as miñas historias


Ultimamente hai un pensamento que non deixa de rondarme. Teño a sensación, arriscándome a parecer contraditoria, de que quizais, e digo quizais, estea malgastando o tempo nesta oficina na que paso 10 horas diarias. Si, xa sei que sen traballo non hai cartos e sen cartos non hai: comida, bebida, roupa, casa, coche etc. etc. etc. ... Pero o caso é que estou plenamente convencida de que, de non investir tantas horas neste choio, sairían novelas, poemarios, lecturas, carreiras, ás para voar onde quixera (co monedeiro sen un céntimo, seino). Todo o mundo me repite que para ter unhas cousas hai que renunciar a outras. A pregunta é: que pesa máis? Teño na cabeza tantas historias por escribir e tantos personaxes que me berran: Ledi, dame forma e ponme a camiñar xa! que ás veces creo que o meu cerebro vai rebentar. O día menos pensado fago as maletas e marcho a calquera deses mundos que teño dentro. Pode que regrese, ou pode que non...

5/04/2009

estanque


O verán chamando ás portas, e eu con esta sensación de que o tempo parou. Ultimamente os días parecen todos iguais: estradas grises, o caos do teléfono, o ruído dos camións, a cara de estanque que se me pon cando dan as sete e saio pola porta do traballo camiño a ningunha parte.... quizais non sexa máis que a calma que precede á treboada. Ou talvez non.

4/20/2009

MANIFESTO


Despois de semanas afastada do meu blog por exceso de traballo (remunerado e non remunerado), reaparezo con esta entrada para facervos reflexionar a vós e a min mesma:


1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.
2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.
3.- Por iso, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.
4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.
5.-. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.
6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.