onte foi un día completo. despois de unha xornada laboral onde as horas non querían pasar, achegueime ao verbum para escoitar a lucía aldao recitando acompañada de música electrónica. emocioneime por moitas razóns. pola súa forma de dicir “vasme abandonar por un levantador de pedras”. polo arrecendo a mar pegándoseme na pel da face “vasme abandonar por un rinoceronte”. por esa forma que ten de cantar desde moi adentro. “vasme abandonar por un minotauro”. entre música, poesía, e o vento do atlántico, o tempo voou. corrín para chegar a casa (tiña a C. punto de porta fóra agardando por min por esa tendencia nosa a perdelo todo). recollino e achegámonos ata a residencia de B. e A. alegreime cando mirei entrar pola porta aos legarreta. aos poucos minutos empezou a festa. en silencio, A., B. e máis eu escoitamos como se desmoronaba a vida daquela muller, como se lle desgarraba a voz pronunciando a palabra amor, como se abrazaba á criatura entre saloucos e berros ao outro lado da parede. mentres, A. botaba as mans á cabeza ao tempo que repetía: “está bipolar. está bipolar”. as tres, co mundo roto daquela muller dándonos de hostias na face, toleamos. “hai que facer algo, se o día menos pensado aparece morta eu non poderei con ese cargo de conciencia. que facemos? algunha solución ten que haber!
pero quizais non a haxa. como saber se as conclusións que se sacan son acertadas?
para variar, vou reflexionar.
(jon, en breve publico a tradución…….)
pero quizais non a haxa. como saber se as conclusións que se sacan son acertadas?
para variar, vou reflexionar.
(jon, en breve publico a tradución…….)
5 comentarios:
Trabajos sucios se convierten en aire,si tienes la ley de tu parte.
Ke la ley no es justa,nadie lo duda.Ser pobre. ese es el delito
o...¡lo dudas!
leote e volven os berros a minha cabeza. Nalgún momento puiden ser eu mesma quen deixaba quebrar a súa alma no nome do amor, e agora pecho os ollos e sinto coma minha a desesperanza de berrar consignas de amor nunca respostadas. Kero axudar pero son consciente de que sólo ela e dona da capacidade de pedir axuda e recibila. En qué momento brotou a bipolaridade, antes ou despois ca él? Cómo inoculamos a forza interior para loitar por un mesmo? Non o escoitas chorar? E o ser que tiveches nas túas entrañas, o único home que merece que te esforces por él, o motivo para loitar pola túa saude mental. Cómo podo facer para que ela interiorice estos pensamentos e os faga seus? Moitas veces vivín esta situación cos mesmos sentimentos e aínda non conseguín que ninguna delas me escoitara. Eu xa non quero reflexionar mais, evito sufrir.
Había unha vez unha fermosa sirena que recorría as mares do mundo intentando coidar o amor que en cada un dos portos tiña un naufraxio. Chegou o dia , no que a sirena xa non puido máis, e decidiu quedar no seu mar agardando polo amor, tanto agardou que ata lle xairon pés. Como non sabía que facer, botou a andar, e recorreu kilómetros e kilómetros, pensando que quizá atoparía o seu amor en terra, cando estaba cansa de tanto camiñar deuse de conta, e pensou para sí, da igual que teña pes, da igual que teña cola, que sexa sirena, ou humana, que sexa real ou unha personaxe, que sexa bipolar ou con doble personalidade a clave está...en que había unha vez....e que non haxa máis.
Oxalá lle saíran pés tamén a esta muller...
La clave para que el amor funcione se resume en este pequeño proverbio que una vez le escuché a mi difunta tatarabuela: "Una vez una vaca estaba completamente rodeada de moscas, se la estaban comiendo viva, entónces la vaca comenzó a sacudir su rabo y consiguio matarlas todas menos una, se giró rapidamente y le dió un lengüetazo que la mató al momento. Moraleja: Acaba con la lengua lo que no pudiste acabar con el rabo". Que sabia era la jodia de la tatarabuela...
Publicar un comentario