as mudanzas son tristes
porque deixas atrás olores,
perspectivas,
días máxicos
crúzome cos obxectos
e sinto que me miran
con ollos de non saber que está pasando
as mudanzas teñen cara de maletas
e caixas de cartón
os cuartos van quedando baleiros
e eu non sei que vou facer
cando escoite o eco da miña voz
saltando de parede a parede
pecharei unha porta para abrir outra
e quizais os obxectos volvan sorrir.
7 comentarios:
Mudar para sobrevivir
Moramos en tantos intres
que non quedan atrás baleiros
sen encher de vida.
As mudanzas, case todas,
gústanme
porque habitamos con elas
todos os espazos
prohibidos.
Levantamos a veda coas paredes,
repescamos mobiliarios ao revestir
cementando as nosas decisións,
alicatamos esperanzas,
encintamos as baldosas do noso propio chan
repintamos, o que nos estar por vir,
no pasquín patriota da nosa rebeldía
patrocinando as letras que queremos.
Gústanme as mudanzas
porque mudar é vivir.
Marga Rguez Marcuño
Xoves 31, xullo, 2008 12.45
Si, Marga. Mudar é vivir e nós estamos máis vivas ca nunca!
Si, Marga. Mudar é vivir e nós estamos máis vivas ca nunca!
que ricas as mudanzas, ledi!!!!, agardo que neste novo recuncho que nos abres poidamos ter o acougo necesario para fluír e confluír nun eido de afectos e palabras.
bicos
bea
que ricas as mudanzas e que marabilla ter visita de toxomar. temos a cea do verán pendente, bea. quero vervos a ti e á nena linda que tes!!
A Cea do verán 2008 pode ser un serán de Curuxa, a partir das 21.30, con Infindas posibilidades.
Simona do Carballal
sab.2.08.08
O inconformismo fixote buscar novos ocos nos que habitar, o inconformismo faite medrar, e unha mudanza non é mais que o camiño hacia ese crecemento persoal que nunca termina. Os que queremoste estamos o teu carón para ollar os teus logros. Ainara Legarreta.
Publicar un comentario