tag:blogger.com,1999:blog-2848286373884867277.post7050912551415178592..comments2023-03-24T06:03:54.652-07:00Comments on SON DA BREA MUIÑEIRA: XA SEI QUE EXISTENUnknownnoreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-2848286373884867277.post-4246583228956194442009-07-15T08:54:17.552-07:002009-07-15T08:54:17.552-07:00Non creo que ninguén poda asegurar rotundamente o ...Non creo que ninguén poda asegurar rotundamente o que é normal e o que non.
Efectivamente existe unha demanda e por iso hai oferta. Pero a oferta se complica cando a ilegalidade pasa polo medio.
Estou segura de que a legalidade da práctica da prostitución pode xerar o proteccionismo necesario para unha realidade que non pode ser obviada.
Non o vexo tanto por pagar impostos como por acadar seguridade laboral. Porque sí, é un traballo.
Por outra banda poderíamos falar da repercusión que trae ás sociedades calquera tipo de imposición abolicinista. Lamentablemente, a falta de regras impide ao ser humano desta era relacionarse sen crear vínculos de control dos fortes contra os débiles e empeora as vidas dos implicados.
O problema da prostitución é o trafico de persoas, mulleres que non poden alzar a voz.
Poderían facelo se a súa práctica no supusera un achegamento á exclusión social seguro.txaronoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2848286373884867277.post-69363259399437248192009-07-15T01:49:37.225-07:002009-07-15T01:49:37.225-07:00O problema é a hipocresía que rodea a este tema. P...O problema é a hipocresía que rodea a este tema. Putas si, que haxa, pero que o sexan outras, que non me toque a min unha na familia. E claro, que paguen seguridade social, como todo dios, porque así normalizamos a "profesión´". Non creo que se poida normalizar algo que de base non é normal. Non é normal que unha muller estea disposta a venderse varias veces nunha noite. Facelo con cinco ou seis tíos. TEr que finxir con todos, poñerlle boa cara a todos, espirse diante de todos. E logo agardar a que suba ao cuarto o dono do local, que non vai quedar sen o que lle corresponde. Que son cartos fáciles? Non atopo eu a facilidade disto. Debo ser algo lerda, porque non vexo a parte fácil en ningún sitio. Outra cousa é que para soportalo acodan a alcohol, drogas e outras substancias. Así moitas acaban como acaban. Para min estamos diante dunha forma de violencia contra a muller, póñase a xente como se poña. E que lles gusta facelo? Oxalá éxistise a opción de preguntarlles de ti a ti, fóra do lugar no que exercen, se de verdade lles gusta. Oxalá. O tema é que, aínda sabendo que non lles gusta, demanda seguiría existindo porque a sociedade na que vivimos está así montada. E iso é patético.
Por certo, este xoves ás oito e media, presentan dúas profes da universidade de Vigo na feira do libro a obra: prostitución, clientes e outros homes. Espero que haxa debate o rematar. Eu alí estarei para escoitar.Ledicia Costashttps://www.blogger.com/profile/00510721746313284817noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2848286373884867277.post-83858425755825790392009-07-14T09:07:51.233-07:002009-07-14T09:07:51.233-07:00Se non quixeras debater o tema non terías colgado ...Se non quixeras debater o tema non terías colgado esa entrada no blog, así que vou debater contigo.

Primeiro de todo, considero que si expós a túa opinión desde o momento no que deixas claro que non concordas co mail recibido.

Por outra banda, eu considero que unha persoa que disfruta sendo utilizada sexualmente, pode ter un problema de fondo, independentemente do que gane, problemas de tipo afectivo, relacional, etc. Pero tamén pode ser que esa persoa simplemente teña unha concepcion diferente da vida socialmente aceptada.

Entendo que a ti hai cousas que no te gustan, como a todas.
A min por exemplo, non me gusta que haxa persoas que teñen que traballar baixo a chuvia, baixo terra, no alto das grúas, en neveiras ou fornos.
Non me gusta que haxa persoas explotadas nos horarios, nas labores exisidas, na baixa retribución económica, etc. dos seus traballos.

Para min o obxectivo final si pasa por acadar dignidade laboral para todas as persoas, mais mentres agardamos que ese momento chegue, para min a loita esta no recoñecemento das labores, do recoñecemento como cidadá de pleno dereito ante a lei, ante a seguridade social, ante facenda e todos os organismos que nos aportan a seguridade necesaria para sobrevivir e permitir que as seguintes xeracións sobrevivan.txaronoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2848286373884867277.post-75281380066648400602009-07-14T08:59:50.128-07:002009-07-14T08:59:50.128-07:00gustaríame que alguén me explicaran en qué escola ...gustaríame que alguén me explicaran en qué escola ensinan a profesión de puta, que me dixeran qué mestre aconsella ás súas alumnas: faite puta, verás que ben se vive... profesión, din???!!!Ledicia Costashttps://www.blogger.com/profile/00510721746313284817noreply@blogger.com