9/12/2008

por enésima vez


En vista de que, ou non me explico ben ou a xente ten ganas de leria, vou explicarme por enésima vez, agardando que o tema quede aclarado por fin.
Como xa teño dito unha e mil veces, para min a prostitución é sinónimo de escravitude (e que quede ben clariño que estou referíndome ao tráfico de mulleres, á explotación sexual única e exclusivamente. Non estou falando das poucas mulleres (en comparación coas outras) que exercen a prostitución libremente. De elas non opino). Aclarado isto (ou iso espero), repito que si, claro que estou en contra e de aí que defenda con rotundidade unha postura abolicionista. Abolición da prostitución (repito, explotación sexual, mulleres obrigadas a exercer a prostitución, mulleres enganadas, estafadas, violadas, insultadas, vexadas, mulleres q perden a dignidade, mulleres que traen de África, Rumanía, Brasil, Colombia etc etc etc, coa promesa dun traballo que as saque da miseria, mulleres que chegan a España pensando que van traballar de camareiras e se atopan con que son obrigadas a manter relacións sexuais, mulleres que teñen un proxeneta co que teñen unha débeda derivada da viaxe que as trouxo a España, mulleres que teñen un proxeneta que amenaza con matar aos seus fillos se se negan a manter relacións sexuais cos clientes-prostituidores, mulleres africanas que teñen un proxeneta que as ten amenazadas co vudú e pola maxia negra (si, parece broma pero non o é) mulleres que obrigan ao cliente a poñer o preservativo e que cando se decatan, non está posto, mulleres que chegan sanas e que son contaxiadas neste país, mulleres discriminadas e sinaladas co dedo, mulleres disfrazadas de “es puta porque quiere”, mulleres, mulleres e máis mulleres. Centos de mulleres. Miles. Están nos pisos, nos clubes, na rúa). E me preguntan se estou en contra disto? Pois si, señores e señoras. Estou en contra da explotación sexual. Son eu a rara? Son facha por pensar así? Paréceme perfecto. Penso que isto é unha cuestión de desinformación, máis que de outra cousa.
Vou reflexionar

8 comentarios:

Cuñao de dia prostituto de noche... dijo...

Cu, como se te va jajaja, eres una picajosa, jajaja. Q calidad tienes, como te molan esos temas pa q la gente largue, de todas formas voy a abrir un nuevo debate en este nuestro foro, los prostitutos hombres q? En esos no piensa nadie? Solo se defiende a las mujeres? No hay hombres obligados a tener relaciones sexuales, incluso niños? Pq en ellos no piensas en ningun momento? No sera q eres una feminista? Ala nuevo debate en este nuestro foro, jajaja venga cu a rayarte con esto ahora jajaja...

Ledicia Costas dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ledicia Costas dijo...

o tema saíu porque alguén o provocou nos comentarios na anterior entrada (poden comprobalo vostedes mesmos). Poderíamos falar dos prostitutos homes, pero é que, mira ti o que son as cousas, non coñezo ningun local de alterne onde se prostitúan homes. ¿Porqué será? Reflexione vostede, cuñado de día...

txaro de erandio dijo...

eu penso que a loita pola liberdade das persoas non ten nada que ver coa abolición da prostitución.
Explícome: Unha e só unha das consecuencias da esclavitude de persoas deste século é a prostitución involuntaria de mulleres, ai outro montón de consecuencias:
Nenos pedindo polas rúas, roubando carteiras ou facendo pequenos fraudes para conseguir un diñeiro que vai para a mafia que os trouxo a eles e a suas familias.
Homes vendendo cds, (acitvidade ilegal que potencian as mafias e as autoridades miran para outro lado)e que depende das súas vendas a posibilidade de comer e durmir quente.
E así un cento de cousas que provoca a falta de liberdade para á mobilidade xeográfica das persoas, a falta de recursos e as guerras que os países de NOrte provocamos.
Creo no teu discurso Ledi, pero para mín non é unha cuestión de prostitución senon de exclavitude.
Como tí dís, quen o fai libremente bem,pero, que haxa persoas que fan cousas que non dexesan facer obrigadas a facelo... eso é o que eu creo que deberíase abolir.

mano a mano a 10 pavos dijo...

Según el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sentencia del 11-09-08) "la prostitución es un trabajo por cuenta propia"

Ledicia Costas dijo...

A escravitude non é traballo por conta propia, por moito que diga o Tribunal de Xustiza de Galicia. Grazas á demanda que existe estase traficando con miles de mulleres baixo a permisividade de todos e todas (incluído o Tribunal de Xustiza) coma se fora algo normal. E si, txaro de erandio. Estou de acordo contigo. A prostitución é unha cara máis das moitas formas de explotación que existen e toda explotación é escravitude.

txaro de erandio dijo...

O tribunal o recoñece como traballo e sen encambio non poden cotizar á seguridade social??? Un estamento tan incongruente non me serve como argumento. Sintoo.

supermarcha in the night dijo...

ese será el suguiente paso txaro, cotizar a la Seguridad Social, pagar impuestos... en 5-10 años estarán al nivel de un trabajador autónomo y sino, al tiempo.